Ser neno ou nena alumno/a de VermisLAB non é tarefa fácil e se non nos creedes preguntádelles aos nosos/as  MiniMakers, pequenos e pequenas inventores de entre 4 e 8 anos. Clase tras clase teñen que “traballar” como científicos/as, cociñeiros/as, deseñadores/as, construtores/as, programadores/as, artistas e moito máis. Por sorte, contan con moitas habilidades para iso que aos poucos van descubrindo e mellorando proxecto tras proxecto. Por outra banda, contan coa mellor “recompensa polo traballo feito” que se poida ter, e é que o pasan xenial facéndoo!

Axudar ao desenvolvemento das habilidades e destrezas das diferentes competencias clave é unha tarefa moi importante para os/as docentes. A pesar diso, en ocasións pode resultar complicado atopar novas propostas variadas para potenciar ese desenvolvemento. 

Neste post querémosvos propoñer un proxecto de aula moi completo no que se traballan moitas destas competencias a partir da metodoloxía de aprendizaxe baseada en proxectos. 

MiniMakers con su edigicio enorme

Proxecto Megaconstruciones

Este é un proxecto no que os nosos/as alumnos/as traballarán en equipo para transformar por completa a aula. Partindo xa de que as nosas aulas non se caracterizan por ser aulas convencionais, con este proxecto pasará a ser unha cidade cunha gran variedade de edificios construídos por eles/as mesmos/as, con sinais de tráfico e ata coches autónomos! A que neno/a non lle gustan os xogos de construción?

Por unha banda ten como obxectivo ser capaz de reflexionar acerca de onde vivimos, que tipos de edificios existen, descubrir de que están feitos e como se constrúen. Doutra banda, permítenos experimentar con gran variedade de materiais, aprender como manipulalos utilizando novas ferramentas e descubrir as unidades de medida.

Un niño haciendo ventanas en cartón con una regla

Este é un proxecto deseñado para alumnos/as da partir de 6 anos aínda que podería adaptarse a diferentes niveis realizando algúns cambios na selección das actividades.

Durante as aproximadamente 4-5 sesións que pode durar este proxecto os alumnos e alumnas, a través dunha gran variedade de actividades, conseguirán transformar o seu edificio deseñado en papel nun edificio “real”. As actividades que poden desenvolverse dentro deste proxecto son infinitas pero a continuación descríbense algunhas delas que realizamos durante as nosas actividades extraescolares.

  • Visita dun/ha construtor/a ou arquitecto/a. Este é un proxecto ideal para que nos visite alguén que traballe no sector da construción e que os/as alumnos poidan falar con el/ela e preguntarlle cousas como por que non cae o teito dunha casa?
    Ademais a continuación pódese iniciar unha charla grupal sobre onde viven e como son as súas casas, mesmo preguntarnos se todos os fogares do mundo son iguais, etc.
    Con esta actividade traballarase a expresión oral, a escoita activa e a respectar a quenda de palabra, habilidades moi importantes na competencia de comunicación lingüística. Ademais familiarizaranse co vocabulario típico do sector da construción.
    Ademais seguro que a visita lles esperta a curiosidade e xéralles a motivación necesaria para iniciar a construción do seu propio edificio e seguir aprendendo.
  • Charla a partir da observación de imaxes de edificios emblemáticos da zona e de todo o mundo, dos edificios máis altos, de diferentes tipos de casas de varios países, edificios estraños…
    Con esta actividade traballarase a conciencia e as expresións culturais, respectando a diversidade, valorando as construcións alleas e aprendendo a gozar das construcións máis artísticas.
  • Deseño dun edificio innovador en papel. Chegou a hora de poñerse a crear! Nesta actividade os alumnos e alumnas transformaranse en auténticos arquitectos/as xa que terán que debuxar un edificio innovador e único. Para axudarlles no proceso de creación podémoslles dicir que se inspiren en cousas que lles gustan como comida, animais, deportes,etc.
    Con esta tarefa desenvolverase a súa imaxinación, a súa creatividade e estaremos a fomentar a expresión a través da arte.

Niña con su edificio en forma de mano

  • De 2D a 3D, construción en cartón. A construír! Actividade na que terán que transformar o seu debuxo en algo “real”. Traballaranse as unidades de medida, utilizaranse ferramentas sinxelas como regras e tesoiras e materiais diversos como cartóns e cintas adhesivas para “levantar” o seu edificio innovador.
  • Edificio a gran escala. O rañaceos máis alto entre todo/as! En grupos construirán un rañaceos o máis alto posible. Deberán deseñalo, construílo e decoralo ao seu gusto.
    Nesta actividade deberán traballar en equipo, colaborando entre eles/as, polo que deberán aprender a comunicarse de forma construtiva, expresando as súas opinións e respectando as dos/as demais.
  • Montaxe da cidade “ao grande”. Un dos momentos favoritos do proxecto! Con grandes caixas de cartón, bloques de porexpan (ou co que se poida conseguir) e o propio mobiliario de clase os nenos e nenas terán que traballar en equipo para recrear unha cidade con total liberdade. E non podemos esquecer engadir o noso rañaceos!
    Nesta actividade trabállase especialmente a iniciativa persoal e de grupo ao ter que actuar de forma creativa, proactiva e con autonomía e independencia para planificar a cidade e resolver os posibles problemas como mover algunhas pezas grandes e poñerse de acordo onde colocalas.

Niños construyendo una ciudad conn cajas grandes

  • Sinais de tráfico. Nesta actividade traballaranse as normas de seguridade viaria e os sinais de tráfico de forma moi divertida. Primeiro veranse cales son os sinais de tráfico máis habituais e colocaranse en distintos puntos da cidade. A continuación cada un/ha deberá inventarse un novo sinal de tráfico e engadila á cidade, por exemplo, antes de continuar debes lanzar tres bicos ao aire ou a partir de aquí tense que ir marcha atrás. Finalmente eles/as mesmos/as deberán moverse pola cidade respectando as normas de tráfico.
    Con esta tarefa trabállanse varios aspectos da competencia social e cívica xa que aprenden a respectar as normas establecidas, a interactuar no ámbito público e a tomar decisións que afecten á comunidade.
  • Control de vehículos a distancia. Os robots invaden a cidade! Os  mBots controlados coas tabletas polos nosos/as programadores/as entran en xogo percorrendo todas as rúas da cidade e respectando (case sempre :D) os sinais de tráfico.
    É unha ocasión ideal para desenvolver a competencia matemática xa que terán que analizar os posibles camiños, elixir o máis sinxelo e programar ao seu vehículo para chegar ao destino.
    Ademais, podemos aproveitar o uso das tabletas para iniciar o desenvolvemento das habilidades da competencia dixital, verán que as tecnoloxías poden utilizarse para a resolución de problemas e espertaralles a curiosidade por seguir aprendendo.

Una niña manejando y programando un robot

Estas son só algunhas das actividades que poderían incluírse neste proxecto. Como sempre dicimos, cada grupo é único e debemos adaptar as actividades a el. Anímaste a replicarlo na clase? Cóntanos en redes sociais que tal a experiencia 😀