Actividade extraescolar Makers
Makers é unha actividade dirixida a nenos/as de 9 a 13 anos na que lles ensinamos todas as ferramentas necesarias para desenvolver proxectos reais dende un enfoque divertido, práctico e sempre coa intención de mellorar a vida das persoas.
Aprenderán e aplicarán de maneira transversal coñecementos de electrónica, programación, ciberseguridade, intelixencia artificial, robótica, desenvolvemento de videoxogos, impresión 3D, metodoloxía investigadora (Design Thinking), ciencia e experimentos para poder realizar proxectos multidisciplinares que integren todas as partes da creación maker. Estes proxectos funcionarán como preparación, para no futuro dar o paso á actividade de Makers Pro.
O noso obxectivo é que no futuro sexan capaces de adaptarse ao cambio e autoxestionarse na realización de proxectos de gran envergadura, onde o traballo en equipo, a creatividade e a capacidade de resolución de problemas serán claves.
Horarios
- Luns a mércoles: 16:00 h e 18:00 h.
- Xoves e venres: 16:00 h.
Duración
- 1 h 30 min
Precio
- 60 € / mes
- Matrícula anual: 60 €
A Maker Faire Galicia
Os proxectos realizados durante o curso que teñan un alto grao de innovación poderán ser presentados na Maker Faire Galicia (o evento maker máis grande da península), onde os nenos e nenas viven unha experiencia única expoñendo o seu traballo e coñecendo a outros/as Makers de todo o mundo.
Nas últimas tres edicións os/as makers de VermisLAB destacaron conseguindo númerosos premios do público ademais das insignias de mérito otorgadas pola organización. Nas seguintes ligazóns pódese ver un resumo da nosa participación:
