Talleres de programación
Taller de Micro:BIT
Idade: + 8 anos
Duración: 2 – 6 horas
Competencias clave: matemática
Nestes talleres de programación con Micro:BIT os nenos e nenas desenvolven a lóxica computacional elaborando diferentes proxectos con estas tarxetas programables, moi utilizadas en Reino Unido e que teñen un gran potencial para desenvolver actividades STEAM.
Taller de Arduino
Idade: + 8 anos
Duración: 2 – 6 horas
Competencias clave: matemática
Nos talleres de programación con Arduino o alumnado aprende tanto dende o punto de vista do software coma do hardware.
A formación comeza cunhas nocións de electrónica básica que lles permite levar a cabo circuítos con diferentes sensores e actuadores.
A continuación aprenden a programar a través de Arduino IDE, coñecendo así a lóxica computacional e as estruturas fundamentais.
Taller de Minecraft
Idade: + 8 anos
Duración: 2 – 4 horas
Competencias clave: matemática
Nos talleres de Minecraft os nenos e nenas aprenden programación e electrónica mentres pasan un rato moi divertido xogando a este famoso videoxogo.
Crean os seus propios joysticks e deseñan novos mundos, a través dos cales desenvolven a súa creatividade, que en Minecraft non ten límites!