Talleres de Creatividade
Taller de Design Thinking
Idade: + 6 anos
Duración: 2 – 4 horas
Competencias clave: tratamento da información
O Design Thinking é unha metodoloxía para innovar que nos permite detectar as necesidades das persoas ofrecéndonos ferramentas para xerar proxectos que as solucionen.
É a metodoloxía ideal para potenciar a creatividade, o traballo en equipo, a empatía ou a comunicación nos/as máis pequenos/as.
Para máis información podes consultar designthinking.gal.

Taller de Stop Motion
Idade: + 6 anos
Duración: 2 – 4 horas
Competencias clave: comunicación lingüística
Nos talleres de Stop Motion, ou fotograma a fotograma, os nenos e nenas poderán deixar voar a súa creatividade, aprendendo a crear as súas propias historias e a darlles vida a través do storytelling, utilizando diferentes aplicacións para tableta ou móbil.
Ademais poderán ir un paso máis alá na creación das súas personaxes dándolles vida a través da electrónica creativa.

Taller de Arte
Idade: + 6 anos
Duración: 2 – 4 horas
Competencias clave: cultural e artística
Apostamos pola educación STEAM e dámoslle moita importancia á arte como unha forma de creación e expresión.
Por iso contamos cunha serie de talleres de arte relacionando esta disciplina coa ciencia, facendo dende arte con bacterias ata robots pintores.
