Actividade extraescolar Makers Pro
Makers Pro é unha actividade dirixida a nenos/as a partir de 14 anos na que lles ensinamos todas as ferramentas necesarias para desenvolver proxectos reais de robótica, electrónica, programación ou impresión 3D dende un punto de vista divertido, práctico e sempre coa intención de mellorar a vida das persoas.
Este grupo disporá de TODO o espazo das instalacións de Vermislab para poder estar máis a gusto, realizar proxectos máis grandes e crear e desfrutar co seu grupo de amigos. Creamos un espazo que funciona como un clube de reunión, ademais dun GRAN laboratorio Maker.
Os proxectos realizados durante o curso que teñan un alto grao de innovación poderán ser presentados na Maker Faire Galicia (o evento maker máis grande da península), onde os nenos e nenas viven unha experiencia única expoñendo o seu traballo e coñecemento a outros/as Makers de todo o mundo.
O noso obxectivo é que no futuro sexan capaces de adaptarse ao cambio e autoxestionarse na realización de proxectos de gran envergadura, onde o traballo en equipo, a creatividade e a capacidade de resolución de problemas serán claves.
Horarios
- Xoves e venres: 18:00 h
Duración
- 1 h 30 min
Prezo
- 60 € / mes
- Matrícula anual: 60 €
