Actividades extraescolares VermisLAB
En VermiLAB levamos a cabo actividades extraescolares nas que traballamos os campos da robótica, a programación, a impresión 3D ou a ciencia dende un punto de vista práctico e experiencial.
Xeramos un espazo que potencia a creatividade, onde os nenos e nenas se senten cómodos para expresarse, aprender e desenvolver os seus propios proxectos STEAM.

Información de interese
Que inclúen as nosas actividades
- 15% de desconto nas actividades extraescolares se están inscritos varias/os irmás ou irmáns ou se estás matriculado en máis dunha actividade.
- 15% de desconto en talleres e campamentos de VermisLAB.
- As actividades extraescolares consistirán en 1,5h semanais de outubro a xuño.
- Traballarase en grupos reducidos dun máximo de 8 alumnos.
- As actividades extraescolares seguen os festivos e vacacións de Nadal e Semana Santa do calendario escolar.
- Resumo audiovisual das actividades extraescolares en redes sociais.
- Trato cercano e especializado.
- Equipo de asesoramento e de acompañamento ás familias.
- Ampla experiencia en perfís de altas capacidades, trastornos do espectro autista, déficit de atención e hiperactividade.