Actividades extraescolares, talleres e campamentos



VermisLAB é unha academia de makers onde realizamos actividades extraescolares, talleres e campamentos relacionados coa ciencia, a tecnoloxía (robótica, programación ou impresión 3D), a enxeñería (electrónica ou mecánica), a creatividade ou as matemáticas. Isto coñécese como competencias STEAM, as cales serán clave para o futuro das nenas e nenos.

Aprendemos facendo dende unha perspectiva integral, incorporando de maneira transversal o traballo en equipo, a intelixencia emocional, a comunicación e a educación en valores. Desde 2014 xa pasaron polas nosas actividades, talleres ou campamentos máis de 4500 makers. Para coñecer máis sobre nós podes acceder a nosa canle de Youtube.






Escola de Familias



A “Escola de Familias” ofrece apoio psicoeducativo a nais e pais a través de talleres especializados en temas relevantes para a crianza de nenos e adolescentes. As sesións, deseñadas por expertos, proporcionan un espazo para a aprendizaxe e o intercambio de experiencias entre as familias.

A escola conta coa colaboración de Mónica Caínzos, psicóloga especializada en psicoloxía educativa e orientación escolar. VermisLAB organiza sesións grupais mensuais de 2 horas, os sábados de 10:00 a 12:00.





Equipo VermisLAB



Todo isto é posible grazas ao equipo multidisciplinar de VermisLAB, formado por profesionais de primeiro nivel en ámbitos como a psicoloxía, pedagoxía, bioloxía, enxeñería ou o deseño.

Combinamos experiencia profesional e docente para estar á vangarda tanto en metodoloxías educativas coma en tecnoloxías aplicadas, o que nos permite ser referentes en innovación educativa.






VermisLAB nos medios



Entidades que confiaron en VermisLAB




Suscríbete ao noso Newsletter