Talleres de Electrónica



Taller de Electrónica Creativa


Idade: + 4 anos

Duración: 2 – 4 horas

Competencias clave: coñecemento e interacción co mundo físico

En VermisLAB contamos cunha gran variedade de talleres de electrónica para diferentes idades e niveis de coñecemento.

Os/as máis pequenos/as aprenden electrónica creativa, utilizando plastilina condutiva coa que crear os seus propios circuítos e deseños.


plastilina-conductiva-vermislab


Taller de Arduino


Idade: + 8 anos

Duración: 2 – 6 horas

Competencias clave: coñecemento e interacción co mundo físico

Nos talleres de Arduino os/as maiores desenvolven prototipos reais de circuítos electrónicos, chegando a levar a cabo a súa programación con software e hardware de Arduino.

Dende un invernadoiro intelixente ata proxectos de e-textil son algunhas das posibilidades que nos pode dar esta tecnoloxía.


arduino-vermislab


Taller de Música Maker


Idade: + 8 anos

Duración: 2 – 4 horas

Competencias clave: coñecemento e interacción co mundo físico

Nos talleres de Música Maker os nenos e nenas aprenden os principios básicos da música e a electrónica.

A través da creación de instrumentos musicais con materiais reciclados e incorporando compoñentes electrónicos os/as participantes aprenden dunha maneira divertida, libre e con moito ritmo!





musics-makers-vermislab