Talleres de Ciencia
Taller de BioTecnoloxía
Idade: + 6 anos
Duración: 4 horas
Competencias clave: coñecemento e interacción co mundo físico
No taller de BioTecnoloxía realizamos cultivos, experimentos e mesmo facemos a montaxe dun microscopio electrónico de baixo custo que nos permitirá descubrir o mundo diminuto, retratalo ou gravalo en vídeo.
Ademais os nenos e nenas lévanse para casa o seu miscroscopio e poden seguir alimentando a súa curiosidade.

Taller de Astronomía
Idade: + 6 anos
Duración: 2 – 4 horas
Competencias clave: coñecemento e interacción co mundo físico
Neste taller de Astronomía realízanse observacións de planetas e astros, deséñanse e constrúense galaxias, planetas e sistemas solares e, o máis importante, coñécense os segredos escondidos no noso universo.

Taller de Gastrociencia
Idade: + 6 anos
Duración: 2 – 4 horas
Competencias clave: coñecemento e interacción co mundo físico
Nos talleres de Gastrociencia os nenos e nenas aprenden a relación entre a ciencia e a gastronomía a través da realización de varias receitas.
Dende facer pan coa nosa propia masa nai ou cociñar biscoito de chocolate ata elaborar receitas con xeo seco e mesmo facer cociña molecular a través de esferificacións de diferentes sabores e cores.
