ludoteca semana santa 2024 gal

Actividades extraescolares, talleres e campamentos



VermisLAB é unha academia de makers onde realizamos actividades extraescolares, talleres e campamentos relacionados coa ciencia, a tecnoloxía (robótica, programación ou impresión 3D), a enxeñería (electrónica ou mecánica), a creatividade ou as matemáticas. Isto coñécese como competencias STEAM, as cales serán clave para o futuro das nenas e nenos.

Aprendemos facendo dende unha perspectiva integral, incorporando de maneira transversal o traballo en equipo, a intelixencia emocional, a comunicación e a educación en valores. Desde 2014 xa pasaron polas nosas actividades, talleres ou campamentos máis de 4500 makers. Para coñecer máis sobre nós podes acceder a nosa canle de Youtube.






Cursos Online



Ofrecemos unha ampla oferta formativa de cursos online para todas as idades, desde cursos de robótica maker, deseño de videoxogos ou programación ata Arduino ou impresión 3D.

Na nosa plataforma online tamén ofrecemos un servizo de consultoría para espazos maker, unha escola de nais e pais ou o desenvolvemento de proxectos tecnolóxicos.









Equipo VermisLAB



Todo isto é posible grazas ao equipo multidisciplinar de VermisLAB, formado por profesionais de primeiro nivel en ámbitos como a psicoloxía, pedagoxía, bioloxía, enxeñería ou o deseño.

Combinamos experiencia profesional e docente para estar á vangarda tanto en metodoloxías educativas coma en tecnoloxías aplicadas, o que nos permite ser referentes en innovación educativa.






VermisLAB nos medios



Entidades que confiaron en VermisLAB




Suscríbete ao noso Newsletter