Campamentos científicos
Campamento de BioTecnoloxía
Idade: + 6 anos
Duración: 5 días
Competencias clave: coñecemento e interacción co mundo físico
Neste campamento a ciencia é a gran protagonista! Os/as participantes aprenden todo o relacionado co mundo microscópico, a botánica, a ecoloxía e a reciclaxe.
Para iso realizan bombas de sementes que serven para repoboar montes, crean os seus propios cultivos, analizan mostras e incluso constrúen eles/as mesmos/as o seu propio microscopio, o que lles permite seguir alimentando a súa curiosidade na casa.

Campamento de Gastrociencia
Idade: + 6 anos
Duración: 5 días
Competencias clave: coñecemento e interacción co mundo físico
No campamento de gastrociencia altérnanse as partes prácticas da cociña coa explicación desde o punto de vista da ciencia, para que os nenos e nenas saiban o porqué das cousas.
Creatividade na cociña, trampantollos, esferificacións, impresión 3D de galletas e moito máis para un campamento delicioso!

Campamento Espacial
Idade: + 8 anos
Duración: 5 días
Competencias clave: coñecemento e interacción co mundo físico
Nesta incrible experiencia, que xa viviron máis de 600 nenos e nenas en toda Galicia, os aspirantes a astronautas aprenden todo o relacionado coa exploración espacial.
Para levar a cabo o seu adestramento realizan diferentes actividades, dende fabricar a súa propia comida espacial ou aprender robótica espacial, ata programar un rover de exploración, crear o seu propio foguete ou facer unha simulación de voo espacial na Estación Espacial Internacional utilizando a realidade virtual.
