Actividade extraescolar Minimakers
Minimakers é unha actividade dirixida a nenos/as de 5 a 9 anos na que desenvolvemos, a través da experimentación, a creatividade, a intelixencia emocional, o pensamento lateral e dedutivo, o traballo en equipo, a resolución de problemas (Design Thinking) e a comunicación (Storytelling). Para iso apoiámonos tanto en materiais reciclados como nas novas tecnoloxías (robótica, programación ou impresión 3D), orientándose estas como ferramentas e non como un fin en si mesmas.
Os nenos e nenas aprenderán conceptos básicos relacionados coa enxeñería, a ciencia e o deseño, como mecánica, robótica, bioloxía, deseño 3D ou programación, o que lles prepara para no futuro dar o salto á actividade de Makers.
Horarios
- Luns a mércoles: 16:00 h e 18:00 h.
- Xoves e venres: 16:00 h.
Duración:
- 1h 30min
Prezo
- 55€ / mes
- Matrícula anual: 55€
