Talleres de impresión 3D
Idade: + 8 anos
Duración: 2 – 4 horas
Competencias clave: coñecemento e interacción co mundo físico
En VermisLAB contamos cunha gran variedade de talleres de impresión 3D para diferentes idades e niveis de coñecemento.
Para nós o importante é que os/as participantes aprendan a facer deseños 3D desde a ideación do mesmo ata o seu desenvolvemento, coñecendo diferentes softwares coma TinkerCAD, Onshape ou SolidWorks. Ademais tamén aprenden como funcionan as impresoras 3D e como poñer a imprimir os seus deseños.