Filosofía VermisLAB
VermisLAB articúlase ao redor de tres modelos de pensamento que en diferentes momentos históricos revolucionaron a innovación a nivel mundial.
Un deles é o Design Thinking, unha metodoloxía áxil de innovación centrada nas necesidades das persoas que conxuga o pensamento creativo co analítico e que potencia a visión integral e o traballo en equipo.
Está promovida pola Universidade de Stanford e foi utilizada por empresas como IBM, Google ou Toyota.

O segundo modelo de pensamento é o Movemento Maker, que se basea na colaboración e a experimentación en redes de comunidades abertas.
Este xeito de innovación foi o que posibilitou entre outras cousas a expansión da impresión 3D e dos espazos maker por todo o mundo. Máis recientemente, a comunidade maker foi clave na loita contra a crise do covir-19.
Moitos expertos afirman que este movemento nos está levando a unha nova revolución industrial e actualmente empresas como Tesla ou General Electric xa forman parte do mesmo.

O Pensamento Científico é a terceira pata da filosofía de VermisLAB. O método científico basease na experimentación constante e no concepto de proba – erro a partir dunha hipótese previa.
Este é o motivo polo que non penalizamos o erro, o entendemos como unha ferramente que nos permite mellorar de forma constante.
Grazas a este modelo de pensamento, a ciencia axudounos entre outras cousas a vivir máis anos, a explorar outros planetas ou a desenvolver tecnoloxías que nos permitiron evolucionar.

Responsabilidade social coorporativa
Un dos obxectivos do proxecto é favorecer a accesibilidade ó coñecemento e ó uso das novas tecnoloxías a todo o mundo, independentemente da condición económica ou social. É por esta razón pola que colaboramos con distintas asociacións para favorecer o acceso ás distintas actividades a todas as persoas e colectivos.
Actualmente temos acordos coa asociación Arela e coa Cruz Vermella de Santiago de Compostela, ofrecendo unha serie de prazas gratuítas tanto nos nosos talleres como campamentos, co obxectivo de integrar a aqueles/as nenos/as que se atopan en risco de exclusión social.
