Cando falamos do mundo Maker o primeiro que nos ven á cabeza son tecnoloxías como a impresión 3D, a robótica ou os drons, pero o que realmente fai a un maker non son as súas ferramentas senón a súa actitude fronte ós problemas ou oportunidades.

Un maker ten un pensamento crítico ante as cousas e un modo de pensar que lle leva a crear novas solución ós problemas que se atopa ou retos que se plantexa. As novas tecnoloxías axúdannos a desenvolver esas novas solucións ós problemas pero non debemos usalas se non hai necesidade tan só polo feito de que existan, pois moitas veces existen solucións máis simples e moito mellores sen recorrer a elas.

Un exemplo xenial é o dos científicos Manu Prakash e Jim Cybulski que teñen o reto de revolucionar a saúde con novas ideas radicais que teñan un impacto global. Con esa misión na cabeza Manu e o seu equipo buscan con mirada crítica problemas no campo da saúde a nivel mundial nos cales poder aportar novas ideas disruptivas. O seu obxectivo é facer accesible ó maior número de persoas eses avances para mellorar a súa saúde. Así desenvolveron o proxecto Foldscope, un versátil microscopio feito case enteiramente de papel resistente á auga o cal nos permite ver o mundo microscópico sen o gasto que supón un microscopio convencional.

movimiento maker foldscope

Fonte: KQED

O Foldscope está deseñado para levar o mundo microscópico ás mans da xente de todo o mundo. Con el podemos ver células, embrións, bacterias e moito máis. Pero o mellor de todo é que conseguiron facelo accesible a todo o mundo reducindo o seu prezo a 50 céntimos de dólar!

Aquí vos deixamos un vídeo onde Manu fala do seu invento nunha charla TED:

O proxecto é hoxe unha realidade e foi enviado xa a máis de 50.000 persoas despois de realizar unha campaña de financiación colectiva. Agora o seu novo obxectivo é que chegue a máis dun millón de persoas.

Pero este pensamento crítico non finaliza cando fas un proxecto senón que esa capacidade xunto coas ganas por mellorar o mundo fai que vexas oportunidades de mellora en moitas cousas. Así Manu e o seu equipo co dato de que no planeta hai un millón de persoas que non teñen acceso a electricidade, nin estradas pero teñen os mesmos problemas de saúde que todos nós, lanzaron agora o seu novo proxecto: o PaperFuge.

O Paperfuge é un centrifugador que nos permite facer análises de sangue para detectar enfermidades como o VIH ou a Malaria. Pero isto non ten nada de novidoso se non fose que ten un custo de 20 céntimos de dólar e pode ser utilizado por calquera. Non é necesario agora ter un equipamento de laboratorio de centos de euros para facelo!

paperfuge

Fonte: Wired

Despois de ter probado outros métodos coma as buxainas ou con ioiós, pero no primeiro caso nin a velocidade nin a duración eran suficientes e no segundo a habilidade necesaria para alcanzar altas revolucións facía case imposible lograr a velocidade necesaria para separar o plasma nunha mostra de sangue.

Foi aí cando veuse inspirado por un xoguete milenario de cando era neno na India chamado whirligig ou muíño xiratorio, feito de papel. Despois da primeira proba feita por el mesmo na súa casa na cal veu que alcanzaba máis de 10.000 rpm, deuse conta de que esa era a solución que estaban buscando. Aí comezaron a desenvolver o paperfuge que hoxe é capaz de chegar ata 125.000 rpm durante 90 segundos, moito máis do necesario para separar o plasma no sangue.

Este invento supón que millóns de persoas poidan ter acceso a servizos médicos que antes sería imposible ou que suporían un custo que non poden pagar.

Para nós é un magnífico exemplo do que un maker debe ser. Un pensamento crítico e con capacidade de resolución de problemas, traballo en equipo e colaboración para levalo a cabo e un uso da tecnoloxía ó servizo das persoas.

Así que non o penses máis e saca o maker que levas dentro, o mundo está cheo de oportunidades se observas cunha mirada argalleira. 😉

Máis información científica do proxecto aquí.

 

Imaxe de portada: A 50-cent microscope that folds like origami