logo_vermislab


Ludoteca Maker

Este verán volve a Ludoteca Maker, un espazo de diversión onde os/as nenos/as de 5 a 14 anos non só xogarán, bailarán e se reirán, senón que ademais aprenderán robótica, programación, deseño de videoxogos, ciencia ou impresión 3D. Contaremos con actividades adaptadas ás diferentes etapas do desenvolvemento.

Onde e cando?

En Santiago (Rúa do Tambre nº 61 Baixo).

Escolle o horario e a duración que máis che conveña, do 22 de xuño ao 8 de setembro, con posibilidade de amplialo de 08:30 a 14:30.

  • Semana: 170
  • Semana a maiores: 149
  • Semana 3 días: (12, 13 e 14 de agosto): 102
  • Semana 3 días a maiores: 89
  • Semana 4 días: (22, 23, 24, 26 xullo): 136
  • Semana 4 días a maiores: 123
  • Día solto: 39
  • Ampliación de horario: 9€/día

E lembra que se o/a teu fillo/a xa é alumno/a de VermisLAB terás un desconto do 15%. Oferta aplicable tamén no caso de asistir irmáns ou irmás.

Coñece o interior das nosas instalacións pinchando aquí.

Inscríbete!