“Volver a empezar otra vez, volver a estrenar zapatos y libros, volver a encontrar los viejos amigos y juntos volver a empezar”. Seguro que a moitos vos soa esta canción que foi empregada nun spot no ano 003 para a volta ao cole 😉

E así é, hoxe mesmo son moitos os nenos e nenas que están a deixar atrás o verán para comezar un novo curso escolar, estrear libros, zapatos, encontrarse cos seus compis de clase e prepararse para todo un curso cheo de contidos novidosos e novos desafíos.

Pero volver ao cole despois dun par de meses de total desconexión (por moito que lles poida gustar a algúns ou algunhas) costa… Así que hoxe, primeiro día de cole, vos deixamos unha serie de consellos para motivar ós peques na súa volta ao cole, facer que sexa máis levadía e que sexan máis felices, ao fin e ao cabo iso é o máis importante 🙂

Charlas en familia. Cando volva a casa (ben sexa á hora de xantar, merendar ou cear) é importante aproveitar ese momento no que estamos todos xuntos para preguntarlle con alegría como lle foi no cole, que cousas aprendeu, a que atopou e tamén a que xogou no recreo e tratar de facer que verbalice aqueles momentos nos que se divertiu e o pasou ben, o que reforzará os aspectos positivos de volver ó colexio.

Ir ó colexio non é un castigo, é un luxo. E unha forma sinxela e entretida de facer que entenda isto é cunha película, ademais, podemos aproveitar para que sexa un momento en familia onde nos sentemos todos a ver e comentar esa película xuntos. Estamos a falar de “Camino a la Escuela” que conta a historia de cantro nen@s que teñen un longo camiño cheo de dificultades cada vez que van á escola.

Propoñerse novos obxectivos, actividades, hobbies. Coa volta ao cole (e a volta ao traballo dos adultos) moitos nos propoñemos novos obxectivos ou metas, @s nen@s tamén poden facelo. É un bo momento para axudarlles a que proben unha nova actividade extraescolar que lles motive, que teñan un novo hobbie, que practiquen un deporte do seu agrado, crear o hábito de dar paseos en familia ou excursións de fin de semana. Todo isto fará que teñan unha nova motivación e a volta ó cole se asocie a algo positivo.

volver empezar cole niño

O calendario de cores. A idea dun calendario mensual onde marquemos as actividades, excursións ou eventos que motivan ós peques é ideal, especialmente para os que son algo maiores e xa controlan ben o tempo. No calendario poderán riscar os días que faltan ata esa excursión á montaña, ata a visita dos avós, a ver aquela película ao cine que tanto lle gusta ou calquera outra actividade que sexa motivadora. Non temos que diciros a ilusión que lle vai facer, non? 😉

volver empezar cole juegos

Facendo os deberes xuntos. Especialmente nas primeiras semanas é importante estar ó carón dos peques supervisando (que non facendo) os deberes, así saberán que poden contar con nós se precisan axuda e que os deberes (e o cole por extensión) non os illa da familia. Conforme pasa o tempo podemos deixarlles máis autonomía e que vaian facendo sós os deberes.

Estes son só algúns dos pequenos xestos que podemos facer para que a volta ao cole sexa máis levadía e sobre todo teñan máis motivación no seu día a día, pero de seguro que hai moitas outras cousas que podemos facer por eles, pregunta ó teu peque que lle motiva e a partir de ahí sopréndeo con novas actividades 😀