Hoxe ímosvos falar da participación de VermisLAB na pasada edición da Maker Faire Galicia, a Maker Faire máis grande de España e entre as 5 máis grandes de Europa. De paso aproveitamos tamén a oportunidade de presentarvos a sección de proxectos realizados polo alumnado de VermisLAB durante os cursos pasados e que irá crecendo cada ano.

En cada unha das actividades: Makers, Bio-Makers, mini-Makers e este ano Music-Makers, os alumnos/as realizan proxectos ideados por eles co o obxectivo de resolver algún problema real da xente.

Esta aprendizaxe por proxectos en equipos desenvolvémolo apoiándonos na metodoloxía do Design Thinking e, por suposto, a filosofía do mundo maker. Así os mozos e mozas aprenden a empatizar co usuario da súa invención, definir o obxectivo claramente, crear novas ideas a través de técnicas de creatividade (aquí van sobrados), prototipalo dunha maneira rápida e áxil sen medo ao erro e presentalo ao seu usuario tipo para obter o feedback necesario para seguir mellorándoo se é necesario.


design thinking maker faire educacion

Proxectos presentados na Maker Faire 2018

Aquí vos deixamos unha listaxe dos proxectos que se presentaron na pasada edición da Maker Faire Galicia.

  • Animatrómetro. Dispositivo que che axuda a mellorar o teu estado de ánimo. Programada e deseñado para facer pasar un mellor momento a aqueles que teñen un mal día.
  • Maker Escape Room. Tes que ser un bo maker e argallar para saír da habitación. Habitación cunha temática científica da cal tes que descifrar unha clave para descubrir a cura do cancro.
  • Caixa sensorial. Caixa interactiva de experimentación dos sentidos na que todo tipo de persoas poden experimentar e xogar cos sentidos.
  • Emergency drone. Semáforo-dron para actuación en situacións de emerxencia e de complicado acceso. Programado con Arduino é capaz de achegarse a lugares onde é imposible doutro xeito e facilitar mensaxes ou dirixir o tráfico de persoas ou vehículos.
  • Caleco. Chaleco intelixente calefactor para persoas sen fogar e situacións de emerxencia. Prenda deseñada para proporcionar calor nas noites de inverno. Grazas ao sistema de carga solar que garda a enerxía durante o día.
  • Remember it. Recordador de cousas que sempre olvidas para a entrada da casa. Sistema intelixente que che avisa cada vez que saes da casa das cousas que tes que levar cada día da semana. Nunca máis olvidarás as cousas importantes pola mañá!
  • Casa domótica. Casa domótica con diferentes sistemas intelixentes que che permiten controlar o teu fogar dende o teu móbil.

maker faire galicia 2018 prototipo niños

Cada un destes proxectos foi ideado, deseñado e desenvolto polos rapaces e rapazas baixo a nosa tutela, pero sempre seguindo as súas ideas.

Os rapaces e rapazas que participan nos proxectos viven unha experiencia única, que tardarán moito tempo en esquecer e que sen ningunha dúbida lles motiva para seguir traballando e aprendendo. Ter a posibilidade de expor diante de miles de persoas o seu proxecto ao mesmo nivel que makers de todo o mundo é para eles algo do que sentirse orgullosos e que en último termo fai que melloren as súas capacidades sociais, comuniquen mellor as súas ideas e potencien a súa capacidade creativa e de resolución de problemas.

maker faire galicia 2018 niños proyectos

Máis aló do premio simbólico dos proxectos máis votados polo público asistente, todos os visitantes felicitaron aos rapaces e rapazas pola maneira en que presentaban os prototipos e pola enerxía que transmiten. Nós sumámonos a esa gran noraboa colectiva e seguiremos axudando aos nosos Makers a mellorar o mundo!

Aquí deixámosvos o vídeo resumen da Maker Faire Galicia 2018.