Retomamos o blog cun pequeno resumo do acontecido na pasada Maker Faire Galicia onde os nosos Makers presentaron os seus proxectos.A Maker Faire é un evento global onde os argalleiros, inventores ou makers de diferentes partes do mundo se reúnen para compartir os seus proxectos. Estas feiras son a celebración en común do Movemento Maker e están espalladas por todo o mundo. Nelas atopamos novas tecnoloxías como a robótica, programación, realidade virtual, electrónica, etc.

Maker Faire Galicia 2017 asistentes

Aquí en Galicia, VermisLAB organiza a Maker Faire Galicia que é a máis grande de toda España e está entre as primeiras de Europa en canto a participación. Nela os makers de VermisLAB tiveron a oportunidade de amosar os proxectos realizados durante o curso a milleiros de persoas que se achegaron á feira.Nesta primeira participación presentaron varios proxectos grupais que inventaron e construíron por eles mesmos. Para isto tiveron que facer todo o proceso de investigación, desenvolvemento e preparación do storytelling para presentalo ós asistentes á feira.Aquí deixamos unha pequena descrición de cada un deles:

KoDP 2000. Consiste nun comedeiro de mascotas programable e controlable a través dun arduíno e unha App no móbil. Con este dispositivo o usuario ten a posibilidade de programar a cantidade de penso subministrada. Os seguintes pasos son a instalación dunha cámara que nos permita coñecer o estado da mascota.

Achús! É un proxecto que ten como obxectivo potenciar a boa educación. Os rapaces argallaron un dispositivo que detecta esbirros e che desexa saúde a través dunha mensaxe preprogramada.

Despertador del Buen Rollo. Este proxecto trata de solucionar o problema da preguiza de erguerse polas mañás. Os rapaces propoñen un espertador que che esperta con olor a gominolas.

Contrumba. É un proxecto dun dos nosos hackers que propuxo facer unha aplicación para controlar o robot de limpeza da súa casa. Para iso usou unha Raspberry Pi e deseñou una App que lle permite movela ó seu antollo para axudar a que chegue ós recunchos máis difíciles do seu salón.

Useless arduino box. É un proxecto grupal dos rapaces que replicaron un modelo de caixa que non serve para nada. O proxecto é unha metáfora que lles permitiu aprender arduino, deseño 2D e 3D e mecánica. Consiste nunha caixa cun botón que se abre e pecha soa.

Maker Faire Galicia 2017 proyectos

Acelerador de partículas. Este proxecto consistiu na recreación dun acelerador de partículas controlado por Arduino. É un dos proxectos de maior dificultade técnica dos presentados. Ten moito mérito a súa presentación pois foi feito en tempo record e inclusive se foi mellorando durante a feira!

Arte con verduras e impresión 3D. Un dos nosos makers máis artista foi un paso máis aló e creou un novo tipo de arte combinando unha das súas paixóns a impresión 3D e a súa maneira diferente de ver a vida a través de froitas e verduras.

E os tres últimos, premiados pola votación do público foron:

No terceiro posto…

Nariz de contaminación: Este proxecto é un proxecto de denuncia social que continúan a desenvolver. Consiste nun sensor de contaminación que nos indica de maneira moi sinxela a calidade do aire. O obxectivo do proxecto é que as persoas tomen consciencia da importancia de ter un aire de calidade.

Maker Faire Galicia 2017 presentaciones

Maker Faire Galicia 2017 ganadores

No segundo posto…

Traxe Antibullying. Os seus creadores partiron dunha experiencia propia e fixeron a reflexión de que non querían que ninguén máis sufrise bullying. Para iso crearon un traxe que axuda á persoa a defenderse pero sobre todo a sentirse máis segura de si mesma para superar a situación.

Maker Faire Galicia 2017 patrocinadores

E no primeiro posto…

Cando chegarei. É un proxecto que engloba a parte de impresión 3D, mecánica e moita paciencia, característica imprescindible nos makers. O proxecto consiste nunha montaña rusa para “canicas” automática.

Maker Faire Galicia 2017 presentacion proyecto
Maker Faire Galicia 2017 trabajo en equipo

Aínda que tan só houbo 3 gañadores todos os participantes o son! O simple feito de ser capaces de rematar un proxecto e expoñelo diante de milleiros de persoas foi unha experiencia inesquecible que tanto nós coma eles non olvidarán.

Esta experiencia fixo que o seu interese medrase e continúen a facer proxectos cada vez mellores e, sobre todo, que solucionan problemas da sociedade. Son makers que melloran o mundo ó seu redor!

Maker Faire Galicia 2017 niños