“Cando naces nun mundo que non encaixas, é porque naciches para axudar a crear un novo” Anónimo
Como profesora de nenas e nenos con Asperger empezarei dicindo que é unha das miñas mellores experiencias e que día a día superei barreiras que parecían imposibles de superar.
A definición breve da síndrome de Asperger sería algo así: é unha perturbación neurolóxica da familia do espectro autista que afecta de 3 a 7 nen@s de cada 1000, o autismo afecta á maneira na que unha persoa interpreta o idioma e a forma de comunicarse. De maneira xeral conduce unha dificultade para a interacción social, repetición de condutas e torpeza das persoas que o sofren.
Escribo sobre a Síndrome de Asperger para tentar transmitir a miña experiencia con el@s e a importancia que ten entendelos, conseguir que saian adiante e non queden no camiño.
Os síntomas non son sempre iguais, polo que nalgúns casos é difícil chegar ao diagnóstico, pero identificar determinadas condutas poden axudar a recoñecelo. Aquí déixovos 7 puntos baseados na miña experiencia:
1 Falta de empatía
Nestes nenos e nenas é bastante frecuente, a aparente falta de empatía cara aos demais e o mundo que lles rodea, a sensación é de que viven no seu propio mundo, onde se atopan cómodos, e que non son capaces de recoñecer as necesidades ou sentimentos dos demais.
Na miña experiencia como profesora, recoñezo que isto é así, son nen@s que necesitan unha linguaxe diferente, non entenden as ironías, o sarcasmo ou o dobre sentido, o seu mundo é literal. Sería necesario dedicarlles máis tempo, un tempo que normalmente non temos, e así poder explicarlles as cousas de maneira diferente.
2 Dificil comprensión dos convencionalismos sociais
As sinais sociais son difíciles de interpretar para eles, non entenden esperar quenda, levantar a man para falar ou manter unha conversación suficientemente longa ou coherente. Isto convértese nun problema para tod@s, pénsase que son nen@s ineducados e xeralmente adoitan ser apartados.
A miña experiencia é que con paciencia, empatía e tempo os resultados a longo prazo son moi bos. Somos nós os que debemos adaptarnos a el@s para poder conseguir algún obxectivo.
3 Hipersensibilidad aos estímulos externos
Xeralmente son tamén hipersensibles a estímulos externos, luces, sons ou mesmo texturas. Hai momentos nos que por estes motivos non poden seguir unha clase como os demais. Eu permítolles que busquen o seu espazo persoal, meterse debaixo dunha mesa, taparse os oídos ou ter algún obxecto na man que lles permita relaxarse.
4 A habilidade motriz non é boa
Para estes nenos abrocharse os botóns, vestirse, correr, coller unha pelota ou calquera deporte onde se requira habilidade é un muro. Debemos axudarlles e animarlles a conseguir pequenos retos diarios e dedicarlles uns minutos máis que aos demais.
5 Movementos estereotipados
Estes son movementos repetitivos e rítmicos que lles axuda a reducir a súa ansiedade, normalmente provocado por algún cambio na súa contorna que non son capaces de xestionar. Non debemos corrixir esta actitude, neses momentos o meu comportamento cara el@s é tentar saber a orixe do problema para tratar de solucionalo. Moitas veces con tan só deixarlles un pequeno obxecto nas mans é suficiente para acougalos. Cada nen@ terá a súa maneira de facelo, a observación é clave.
6 Adoitan ser especialistas en temas concretos
Normalmente apaixónanse por temas determinados sobre os que investigan e profundan mesmo de maneira obsesiva. Debemos entender que se sinten cómodos e seguros investigando, isto é porque adoitan ter medo ao descoñecido. Debemos deixarlles falar sobre iso e mesmo que nos axuden a dar unha clase, pois iso failles coller confianza e mellorar nas súas relacións sociais. É unha maneira moi boa de integralos no grupo.
7 Baixa tolerancia aos cambios
A rutina é un gran aliado para el@s, calquera cambio desestabilízalles, a súa rutina debe estar perfectamente pautada. Se imos cambiar algo debemos explicarlles con tempo as cousas diferentes que van suceder para que poidan regular, xestionar e asumir os cambios e non sufran ningún problema emocional.
Estes pequenos consellos están baseados no miña experiencia na aula, debemos saber que cada caso é diferente e asumir ese reto, conseguir pequenas melloras que farán o día a día máis fácil.
Ao traballar con nen@s diagnosticados con síndrome de Asperger comprendín que existen moitos tipos de mundos, o del@s é un máis e sen dúbida, o mundo Asperger é un dos meus favoritos 🙂