A robótica é unha ferramenta, tal como aclaramos no post anterior, e @s nen@s de hoxe en día téñena presente ben sexa en canto a programación ou a uso diario nos electrodomésticos e dispositivos actuais. Aínda así os diferentes niveis de robótica poden ser confusos no uso educativo.
Debemos adecuar as ferramentas das que dispoñemos ás capacidades d@s nen@s, non só clasificándoas por idades, senón tamén por capacidades técnicas e coñecementos previos. Neste post daremos unha idade de recomendación de uso dos diferentes robots sendo estas tan só a nivel orientativo.
No mercado hai de diferentes kits de aprendizaxe, dos cales se poden obter uns bos resultados de comprensión lóxica e que ademais son facilmente actualizables a diferentes niveis de dificultade.
Aquí podemos diferenciar entre os kits comerciais pechados e os kits de código aberto (Open Source). Centraremos o noso post nestes últimos pois nos permiten realizar calquera adaptación destes kits, melloralos, compartilos e, en definitiva, crear sen límites.
Os robots de código aberto (Open Source)
A comunidade Open Source desenvolve tecnoloxías vangardistas para a educación robótica, desde pequenos robots que seguen ordes preestablecidas ata complexos brazos robóticos con programación por algoritmos complexos. Existen multitude de robots de código aberto e son cada día máis os que van aparecendo.
Desde o proxecto galego Escornabot ao humanoide Poppy os proxectos Open Source ofrecen as maiores posibilidades educativas, pois o nivel de dificultade é completamente adaptable a diferentes idades e coñecementos.
Iniciación á programación (3-5 anos)
A idades temperás as capacidades d@s nen@s para asimilar un código de programación escrito, ou comprender a complexidade do ensamblado a niveis de deseño 3D son bastante limitadas, polo que debemos centrarnos na lóxica de programación sen utilizar programación escrita.
Para iso podemos utilizar robots de comandos simples como o Codi-Oruga ou o Bee-bot ou un pouco máis avanzados como o Escornabot. Este último robot funciona dando ordes previamente de direccións e avances, de modo que debemos estudar a posición inicial do mesmo e o percorrido que fará antes de darlle as instrucións.
É de funcionamento simple, só temos que pulsar os botóns superiores para darlle as instrucións de movemento, e logo de aceptalas, o robot comezará o seu movemento seguindo as ordes establecidas. Con isto @s nen@s aprenderán a estudar os obxectivos, e poderán deseñar a estratexia para seguir antes de utilizar os medios.
Este tipo de robots Open Source, son adaptados tamén á robótica máis avanzada, dado que a montaxe require de coñecementos de electrónica e programación con Arduino, co cal se pode facer unha cadea de aprendizaxe para diferentes capacidades cun mesmo robot. Permítenos tamén realizar actividades en familia combinando tarefas de diferente complexidade entre adultos e nen@s.
Programación lóxica visual (6-9 años)
Cando @s nen@s alcanzan unha idade na que seguir métodos lóxicos non é un problema se pode iniciar a aprendizaxe de programación propiamente dita. A linguaxe de programación que se utilice terá que ser unha linguaxe moi visual e non escrita, dado que a nivel escrito a dificultade aumenta en chanzos amplos. Por ese motivo úsanse programas como o Blockly de Google ou o Scratch, que é un método totalmente visual e con programación en bloques de uso sinxelo.
Estes métodos de programación aplícanse robóticamente en robots comerciais como a gama MindStorm de LEGO ou o mBot de MakeBlock, un robot de fácil ensamblado e cunha contorna de programación baseada en Scratch. Este bot dispón de diferentes sensores como sensor de distancias e sensor de infravermellos, os cales detectan obxectos próximos ou cores no chan. Tamén de actuadores como leds RGB e motores que permiten o desprazamento do mesmo.
Igualmente nesta categoría contamos tamén con proxectos de código aberto que nos darán moitas máis posibilidades e que contan cunha comunidade coa que podemos colaborar para crear e mellorar os nosos robots. Exemplos son o Mirobot, un robot Open Source Wifi con características similares aos anteriores, contornas de programación amigables e ao ser Open Source unha cantidade inimaxinable de actualizacións e ampliacións que se adaptarán ás necesidades do proxecto de cada nen@.
Este robot permite que @s nen@s programen movementos, sons ou que apliquen sistemas de seguridade como evitar obstáculos ou chanzos e mesmo a posibilidade de ampliar as súas capacidades con novos sensores para poder levar a cabo os seus proxectos persoais de robótica.
A este nivel contamos con robots máis avanzados que @s nen@s poden modificar ao seu antollo dado que son de libre deseño como o PLEN2, un robot bípedo Open Source que se pode programar para realizar funcións como levarche o café ou interactuar con outros PLEN2.
As aprendizaxes obtidas con estes dispositivos desenvolven nas mentes d@s moz@s a experiencia na consecución de pasos e instrucións básicas que todos os sistemas de programación utilizan, deste xeito, cando dominen as lóxicas de programación poderán entrar a coñecer as linguaxes de programación escritas, dado que só terán que aprender as instrucións escritas que realizan as funcións que eles xa coñecen. Deste xeito o ciclo de aprendizaxe de novos métodos de programación será moito máis rápido e cada paso achegará ao nen@ máis experiencia. Con todo isto os nenos e nenas poderán avanzar en recursos robóticos e incluír nos seus robots as plataformas e sensores que mellor se adapten ás súas necesidades.
Programación avanzada (+10 años)
Coas linguaxes escritas e plataformas con amplas comunidades de seguidores como Arduino ou Raspberry Pi, @s moz@s poderán realizar os proxectos que poidan imaxinar e buscar solucións a problemas que xurdan creando robots autónomos, dado que cos coñecementos adquiridos poderán incluír nas súas mentes as ferramentas que o mundo da robótica ten ao seu alcance e deseñar os seus propios prototipos de principio a fin.
Neste apartado de novo o mellor sempre van ser os proxectos de código aberto como o Imoov ou a plataforma Darwin- OP entre outros.
Existen multitude de robots no mercado e cada un ofrece diferentes posibilidades. Os proxectos abertos son ideais pois serán robots que poidan evolucionar cos nen@s, lles pemitirá aprender a traballar en equipo e comunidade, a desenvolver as súas propias melloras, compartilas e finalmente non ter límites para levar a cabo as súas ideas. Serán uns makers de verdade 😉