Un dos obxectivos principais de VermisLAB é  empoderar aos mozos e mozas para que sexan capaces de levar a cabo as súas ideas e se estas son boas para o mundo pois moito mellor.

Hoxe queremos falarvos do último proxecto en marcha que están a levar a cabo os nosos  makers. Nesta ocasión puxéronse a traballar nun proxecto moooi grande, tanto é así que se presentaron ao concurso de Elon Musk, Carbon Removal, da organización Xprize.

XPRIZE Carbon Removal ten como obxectivo abordar a maior ameaza que enfronta a humanidade: combater o cambio climático e reequilibrar o ciclo do carbono da Terra. Financiado por Elon Musk e a Fundación Musk, este concurso ten o premio de incentivo máis grande da historia, de 100 millóns de dólares, un fito extraordinario.

A matemática climática indícanos que necesitaremos a eliminación de carbono a escala de xigatoneladas nas próximas décadas para evitar os peores efectos do cambio climático. O Panel Internacional sobre o Cambio Climático (IPCC) estima a necesidade de aproximadamente 10 xigatoneladas de eliminación neta de CO2 por ano para o ano 2050 para manter o aumento da temperatura global por baixo de 1,5 ou 2° C. Se a humanidade continúa na senda habitual, a temperatura media global podería aumentar 6° C para o ano 2100.

O concurso consiste no desenvolvemento de proxectos que poidan realizar un cambio na redución de CO2 a nivel global e que cumpran un mínimo de 1000 toneladas de CO2 por ano.

O proxecto dos mozos de VermisLAB, que aínda está en desenvolvemento, segue a filosofía do Movemento Maker e consiste nun proxecto inspirado na comunidade maker, aberto, que permita crear dispositivos de baixo custo distribuídos por todo o mundo e facilmente replicables.

O proxecto atópase nas etapas iniciais de prototipado e testeo pero conseguíronse xa datos relevantes do seu funcionamento que poden crear un impacto significativo a nivel mundial.

conceptualización y desarrollo idea

tupper agua experimento

captura co2

Utilizaron tecnoloxías, como a impresión 3D, o pensamento diverxente e materiais doutros campos para crear unha solución de baixo custo que sexa facilmente replicable e aberta á comunidade maker para a súa mellora continua.

O equipo formado por Javi, Sergio, Darío, Adrián e Manu traballou no proxecto utilizando a metodoloxía do Design Thinking para crear novas ideas de como enfrontarse ao proxecto cun pensamento “out of the box”, mediante técnicas de creatividade e pensamento diverxente para crear conceptos novos que permitan salvar barreiras que se presentan na propia industria.

captura co2 vermislab

Dese modo, utilizando un pensamento similar ao que utilizan nas empresas de Elon Musk, Tesla ou SpaceX, buscaron a optimización e eliminación de todo aquilo prescindible no proceso. Tamén estudaron os diferentes métodos de captación e traballaron con  cianobacterias, realizando diferentes experimentos para medir o verdadeiro impacto.

co2 maker capturer

Ademais de todo o desenvolvemento técnico e científico xa mencionado, os mozos están a desenvolver toda a parte da comunidade, desde o deseño do logotipo, a web, o vídeo de presentación e todo o traballo necesario para a creación da súa propia empresa.

diseño y desarrollo tecnologico

Independentemente do resultado do concurso de Elon Musk, o proxecto continuará adiante co apoio do equipo de VermisLAB. Como vedes, son máis importantes as ganas e as ideas que os recursos dispoñibles. Seguiremos traballando para inspirar aos pequenos e pequenas a levar a cabo as súas ideas, por ambiciosas que sexan.

Ti tamén podes facelo!