Actividade extraescolar Makers



Makers é unha actividade dirixida a nenos/as a partir de 8 anos na que lles ensinamos todas as ferramentas necesarias para desenvolver proxectos reais de robótica, electrónica, programación, ou impresión 3D desde un punto de vista divertido, práctico e sempre coa intención de mellorar a vida das persoas.

A día de hoxe contamos con 5 niveis, Makers 1, 2, 3, 4 e PRO, nos que a dificultade dos proxectos vai en aumento, así como das ferramentas que utilizan para desenvolvelos.

O noso obxectivo é que no futuro sexan capaces de adaptarse ao cambio e autoxestionarse na realización de proxectos de gran envergadura, onde o traballo en equipo, a creatividade e a capacidade de resolución de problemas serán claves.



A Maker Faire Galicia



Os proxectos realizados durante o curso que teñan un alto grao de innovación poderán ser presentados na Maker Faire Galicia (o evento maker máis grande da península), onde os nenos e nenas viven unha experiencia única expoñendo o seu traballo e coñecendo a outros/as Makers de todo o mundo.

Nas últimas tres edicións os/as makers de VermisLAB destacaron conseguindo númerosos premios do público ademais das insignias de mérito otorgadas pola organización. Nas seguintes ligazóns pódese ver un resumo da nosa participación:

Maker Faire Galicia 2017

Maker Faire Galicia 2018

Maker Faire Galicia 2019

Maker Faire Galicia 2020



premio-maker-faire-2019