Descrición

Robótica básica é unha actividade trimestral dirixida a nenos/as a partir de 8 anos na que lles ensinamos todas as ferramientas necesarias para iniciarse no mundo da robótica. Veremos dende mecánicaelectrónica básica ata estruturas fundamentais de programación ou impresión 3D. A través dun simulador de manexo de robots poderán poñer a proba os seus programas ao mesmo tempo que se divirten.

Que é un algoritmo? Cómo se formulan? Como estrutura o pensamento a lóxica computacional? Como funciona realmente un robot? Son só algunhas das preguntas ás que daremos resposta neste curso.

Clases online de 1:30 hora de duración

Martes de 16:00 – 17:30

Dende o 12 de xaneiro ata o 23 de marzo

Certificado Maker

50€ mes*

*Podes facer o pago mes a mes mediante tarxeta ou por transferencia bancaria. Se prefires domiciliar os recibos simplemente ponte en contacto con nós a través de lab@vermislab.com e nos encargamos de todo.

Especificacións técnicas:

  • Conexión a Internet.
  • Micrófono.
  • Cámara web (opcional).
  • Plataforma Mblock 3.
  • Mozilla Firefox ou outro navegador.
  • Windows 7 ou 10.