Descrición
GameMakers é unha actividade trimestral dirixida a nenos/as a partir de 8 anos na que se integran diferentes campos como o deseño, a arte, a fotografía, o storytelling ou a programación, para crear videoxogos en diferentes plataformas dixitais.
Coñoceremos a lóxica dos xogos e a súa historia, crearemos personaxes e desenvolveremos guións para posteriormente programar e compartir con outros/as creadores/as de videoxogos os proxectos realizados.
Ademais de potenciar a creatividade, o traballo en equipo ou a capacidade de resolución de problemas, nesta actividade tamén reflexionaremos sobre a importancia dos valores e a ética á hora de xerar contido dixital responsable, algo fundamental xa que os videoxogos son unha ferramenta educativa moi potente.
Clases online de 1:30 hora de duración
Martes de 20:00 – 21:30
Dende o 12 de xaneiro ata o 23 de marzo
Certificado Maker
50€ mes*
*Podes facer o pago mes a mes mediante tarxeta ou por transferencia bancaria. Se prefires domiciliar os recibos simplemente ponte en contacto con nós a través de lab@vermislab.com e nos encargamos de todo.
Especificacións técnicas:
- Conexión a Internet.
- Micrófono.
- Cámara web (opcional).
- Plataforma Scratch.
- Mozilla Firefox ou outro navegador.
Reseñas
Aínda non hai valoracións.