Como nai dun neno de Altas Capacidades (AC) quérovos contar a miña experiencia e as aprendizaxes que saquei dela, que espero poidan axudar a outra xente na mesma situación.

Comezarei por citar a Albert Einstein.

“Todo o mundo é un xenio. Pero se xulgas a un peixe pola súa habilidade para rubir unha árbore, crerá toda a súa vida que é un estúpido”.

A popular frase do xenio alemán resume as limitacións do sistema educativo, que prioriza só certas habilidades.

Está claro que todos somos diferentes e todos temos talentos máis ou menos ocultos, que moitas veces permanecen así se non somos capaces de afloralos, co cal o máis seguro é que se perdan para sempre.

Isto aféctanos a todos en maior ou menor medida, pero cando falamos de alta capacidade, atopámonos con persoas que se caracterizan por ter unha forma diferente de ser e de comprender o mundo. As súas emocións son diferentes, a súa forma de aprender e coñecer o mundo que lles rodea tamén é diferente e iso resulta estraño para a súa contorna. O diferente xeralmente xera rexeitamento e incomprensión.

cerebro_altascapacidades_educación

Os nenos e nenas de alta capacidade van moito máis alá de ter un CI por encima da media, teñen tamén unha personalidade, creatividade, temperamento e emotividade que desenvolven de maneira diferente aos nenos da súa idade.

Outros signos de alta capacidade é ter unha personiña que á súa curta idade é capaz de apaixonarse por temas concretos, facer constantemente xogos enxeñosos, cambiar todas as normas dos xogos para facelos máis divertidos, facer preguntas case sen resposta, falar ao revés, etc.

Estes/as nenos/as teñen unha gran sensibilidade e acostuman cuestionar a autoridade e isto adoita carrexarlles bastantes problemas, sobre todo se falamos da disciplina do colexio.

Son nen@s cunha gran curiosidade por todo o que lles rodea

Quéreno saber todo e a paciencia non é unha das súas virtudes. Tamén é certo que no ámbito educativo son capaces de entender todo moito máis rápido que o resto dos seus compañeiros/as e tenden a aburrirse, polo que molestan en clase. Isto adoita ser un dos maiores motivos de conflito cos seus profesores/as e compañeiros/as.

nenos_nenas_altacapacidad_educación

O seu desenvolvemento intelectual vai por diante mesmo do seu desenvolvemento psicomotor e da súa idade cronolóxica, o que se coñece como desenvolvemento asincrónico. Isto adoita xerarlles problemas emocionais e tamén coa contorna, incluso os pais/nais poden non chegar a entender os comportamentos dos seus propios fillos/as.

Teñen unha gran imaxinación e capacidade de atención se lles interesa o tema

Con gran temperamento e nalgúns momentos realmente difíciles de entender e de axudar, son capaces de comprender conceptos complexos. En xeral utilizan unha linguaxe complexa, teñen unha alta capacidade de observación e cando están interesados nun tema a súa capacidade de aprendizaxe é rapidísima. En cambio, rexeitan de inmediato as tarefas repetitivas que se lle poidan impoñer e que para eles non ten ningún tipo de valor educativo.

Todo este potencial non debería perderse. Debería haber un cambio na educación para buscar estes talentos e potencialos, concienciándonos de que afortunadamente todos somos diferentes e todos somos XENIAIS.