Ludoteca Maker Semana Santa
Esta Semana Santa, en VermisLab volta a Ludoteca Maker: mañás pensadas para que os nenos e nenas se divirtan mentres crean e descobren cousas novas.
Durante eses días non só xogarán, bailarán e compartirán tempo con outros nenos e nenas. Tamén construirán robots, programarán pequenos proxectos, deseñarán videoxogos, experimentarán con ciencia e descubrirán a impresión 3D. Todo a través de actividades prácticas e adaptadas a cada idade.
Traballamos con grupos de 5 a 14 anos, con propostas diferentes segundo a súa etapa, para que todos poidan participar, aprender e desfrutar ao seu ritmo.
¿Onde e Cando?
📍 Santiago de Compostela
Rúa do Tambre nº 61, baixo
🕘 Horario
De 9:00 a 14:00
Con posibilidade de amplialo de 08:30 a 14:30
📅 Podedes escoller os días que mellor vos encaixen
• 4 días (30/03, 31/03, 01/04, 06/04): 134€
• Día solto: 39€
• Ampliación de horario: 9€/día
Ademais, se o teu fillo ou filla xa é alumno/a de VermisLab, terá un 15% de desconto.
Este desconto tamén se aplica se asisten irmáns ou irmás (descontos non acumulables).
Se queres ver onde realizamos as actividades, podes coñecer o interior das nosas instalacións picando aquí.
