
Ludoteca Maker
Este verán volve a Ludoteca Maker, un espazo de diversión onde os/as nenos/as de 4 a 14 anos non só xogarán, bailarán e se reirán, senón que ademais aprenderán robótica, programación, deseño de videoxogos, ciencia ou impresión 3D. Contaremos con actividades adaptadas ás diferentes etapas do desenvolvemento.
Onde e cando?
En Santiago (Rúa do Tambre nº 61 Baixo).
Escolle o horario e a duración que máis se adapte ás túas necesidades, estamos abertos dende o 23 de xuño ata o 7 de setembro, de 09:00 a 14:00, con posibilidade de ampliación de 08:30 a 14:30.
- Días soltos: 35€
- Semana: 130€
- Semana ou semanas a maiores: 120€
- Ampliación de horario: 6€/día
*Semana do 25 de xullo: 104€
*Semana do 15 de agosto e do 5 de setembro: 78€
E lembra que se o/a teu fillo/a xa é alumno/a de VermisLAB terás un desconto do 15%. Oferta aplicable tamén no caso de asistir irmáns ou irmás.
Coñece o interior das nosas instalacións pinchando aquí.