Despois de moitos anos de experiencia presencial, en VermisLAB acabamos de dar o salto á formación online. Isto permítenos trasladar toda a bagaxe obtida tras formar a máis de 4000 rapaces e rapazas e a máis de 300 profesionais de diferentes sectores, a todo o mundo. Esta nova aventura ábrenos a posibilidade de chegar a moita máis xente que teña interese por aprender e desenvolver as súas ideas, xa que faremos formación en 3 idiomas (inglés, galego e castelán). Isto enriquece aínda máis o proxecto ó aportarlle un carácter multicultural único.

Un dos retos que nos plantexamos cando comezamos coa formación online, foi como manter a filosofía VermisLAB, tendo moi presente que o noso alumnado se divirta mentras aprende facendo. Para iso desenvolvemos novos programas formativos cos que poder sacarlle o máximo partido ó mundo dixital.

cursos-onlinve-vermislab

Con todo isto, a nosa nova oferta pretende achegar a ciencia, a creatividade e a tecnoloxía a makers de todas as idades, así que se eres un/unha dos seguintes perfís estás de noraboa, porque VermisLAB online é perfecto para ti:

  • Nenos e nenas. Trasladamos o modelo Vermislab para que se poida desfrutar independentemente da localización, do idioma e en moitos casos do horario.
  • Profesorado. Mestres e mestras de todo o mundo poderán aprender de maneira sinxela e ó seu ritmo, adquirindo coñecementos dun xeito práctico, para que poidan integralos fácilmente na aula.
  • Estudantes e Profesionais. Tanto por curiosidade como a nivel de crecemento persoal ou profesional, perfís de diferentes sectores poderanse formar en programación, robótica ou impresión 3D sen preocuparse polos horarios.
  • Emprendedores. As tecnoloxías do mundo maker (robótica, electrónica, programación, impresión 3D, etc.) están a ser clave no desenvolvemento de novas startups que apostan pola innovación tecnolóxica a un baixo custo.
  • Nais e pais. Este é un xeito de achegarse ó que lle gusta ós nenos e nenas e facer proxectos de xeito conxunto, compartindo afeccións e máis tempo de calidade xuntos/as.

impresion3d-online-adultos-vermislab

O noso equipo, composto por especialistas de diferentes campos como a electrónica, a automatización, o deseño e impresión 3D, a bioloxía ou as matemáticas, entre outros, desenvolven os contidos baseándose na súa experiencia profesional e docente dun xeito que motive ós/ás participantes.

Ó longo dos seguintes meses a nosa oferta online irá medrando con temas como a robótica creativa con microbit, o deseño e a impresión 3D, a bioloxía, os experimentos científicos, a creación de videoxogos, a programación básica e avanzada ou proxectos con Raspberry Pi ou Arduino.

Precisamente acabamos de lanzar un curso de Arduino para maiores de 16 anos co cal se poderá aprender esta tecnoloxía nunha semana. O docente será Rubén Beiroa, autor de varios libros de Arduino, enxeñeiro en electrónica e con gran experiencia formando a profesionais de distintos sectores. 

arduino-online-vermislab-cursos

Animámosvos a probar a experiencia VermisLAB online, e a que nos mandedes suxerencias de novos cursos que vos interesen para que o noso equipo os poida desenvolver.

Se queres recibir máis información sobre os nosos cursos e novas interesantes sobre o mundo maker e da educación, non dubides en suscribirte á nosa newsletter. Recorda que coa suscrición terás descontos nos cursos online.

Vémonos na rede 😉