Aínda que xa rematou o verán e chegou a hora de volver á rutina do cole, non desesperes, pois existen novas metodoloxías derivadas da revolución tecnolóxica que poden facer da volta ó cole algo diferente e divertido.
Hoxe falaremos da Flipped Classroom ou “clase invertida”, unha forma de acabar coa estrutura tradicional da aula para convertila nunha contorna de aprendizaxe activo, colaboración, creatividade e pensamento crítico.
Estamos acostumados a que a parte pasiva da aprendizaxe (lectura e visualización de contidos) se leve a cabo na aula, mentres a parte activa (desenvolvemento de actividades) se realiza nos fogares, onde moitas veces os/as nenos/as non teñen o apoio necesario para ser guiados na súa aprendizaxe. O que pretende a Flipped Classroom é invertir estas tarefas para que o alumnado leve a cabo a parte activa da súa aprendizaxe na aula, onde conta co apoio dos/as docentes, e na casa a parte máis pasiva.
As “clases invertidas” poden estruturarse de diversas formas, a continuación presentase unha delas, na cal o/a docente fóra da aula ten un rol central, realizando as seguintes actividades (Margulieux, Majerich y Mccracken, 2013):
- Seleccionar ou producir o material dixital. Internet pon a disposición do docente innumerables sitios web dos que obter contido dixital como Youtube, Vimeo, etc. Ou xa relacionado con contido estrictamente educativo, Khan Academy, Ted-Ed, etc. Ademais, tamén proporciona ferramentas para que o docente elabore o seu propio contido.
- Producir as actividades para asegurar o visionado/lectura e diagnosticar a comprensión do material a través da realización de cuestionarios. Existen unha serie de ferramentas que facilitan este traballo como Google Forms ou plataformas educativas como Edpuzzle.
- Distribuír o material dixital. Mediante o correo electrónico ou máis apropiado aínda, utilizando un campus virtual.
Pola contra, dentro da aula, os estudantes son os protagonistas do seu propio proceso de aprendizaxe e o docente exerce o papel de guía. A dinámica da clase poderíase estruturar da seguinte maneira (Olaizola, 2014):
- Introdución. O/a docente presenta os contidos elaborados e distribuídos, os cales foron traballados polos/as estudantes nas súas casas.
- Resolver dúbidas e posta en común.
- Actividades na aula. Considerada a etapa central da “clase invertida” onde os estudantes profundarán na comprensión dos contidos a través de actividades na aula, baseadas na aprendizaxe activa e colaborativa potenciándose a corrección entre iguais.
- Peche. O docente leva a cabo a posta en común das actividades e da por concluído o traballo con ese contido para dar paso ó seguinte.
Non se debe olvidar que hai que ter en conta as posibles desvantaxes e desafíos aos que este tipo de metodoloxía se debe enfrontar, desenvolvidas por Olaizola (2014):
- O entorno físico e cantidade de estudantes. Este tipo de estrutura precisa de aulas máis parecidas ó que sería unha escola taller e un número reducido de alumnos para acadar mellores resultados.
- O acceso ós materiais. Non se pode afirmar que todos/as os/as estudantes terán acceso á rede, e este tipo de metodoloxía precisa dun equipamento tecnolóxico básico (Hamdan, Mcknight, Mcknight y Arfstrom, 2013).
- Contidos e niveis. É importante levar a cabo unha análise para coñecer se esta metodoloxía é apropiada para os contidos, o alumnado ou o/a propio/a docente.
- Traballo docente. Despois de explicar como se desenvolve unha “clase invertida” é evidente que o traballo a desempeñar por parte do/a docente é moito maior.
Para levar a cabo esta metodoloxía e que resulte efectiva temos que ter en consideración todos os puntos descritos neste post e analizar se realmente ten sentido, senón pode que o efecto sexa o contrario. Supón un esforzo que temos que ser capaces de asumir para obter os beneficios de traballar desta maneira. Anímaste a probala?! 😀
Referencia bibliográfica:
Margulieux, L., Majerich, D. y McCracken, M. (2013). C21U´s Guide to Flipping Your Classroom. Atlanta: Georgia Institute of Thecnology-Center.
Olaizola, A. (2014). La clase invertida: usar las TIC para “dar vuelta la clase. En Actas X Jornadas de Material Didáctico y Experiencias Innovadoras en Educación Superior. Universidad de Buenos Aires. Recuperado de http://www.academia.edu/8350587/La_clase_invertida_usar_las_TIC_para_dar_vuelta_la_clase_
Hamdan, N., McKnight, P., McKnight, K. Y Arfstrom, K. (2013). A Review of Flipped Learning. Arlington: Flipped Learning Network.