“Non hai maior satisfacción que comer o que preparaches coas túas propias mans.”
Licenciada en Psicoloxía pola Universidade de Santiago de Compostela no ano 2013, titulada en amante da comida desde que empezou a comer coas mans.
A comida é unha das miñas grandes paixóns o que me levou a crear o meu propio blogue de receitas, Magdalenas de Chocolate, no ano 2010. Este proxecto serviume para desenvolver as miñas aptitudes cocinillas, aprender moito sobre gastronomía e desenvolver todo o potencial creativo e innovador no ámbito da cociña, especialmente na repostería.
A través deste proxecto puiden participar e colaborar en diferentes iniciativas, eventos e marcas. Tamén resultei gañadora nun concurso de repostería sen glute organizado pola Curtidoría, un coñecido restaurante compostelán. E actualmente colaboro co programa de radio “Come e Fala”, achegando unha visión diferente da gastronomía.