“Fascíname a complexidade que emana do simple e que nos fai conscientes de que nunca deixaremos de aprender, que sempre será máis o que aínda non sabemos que o que xa aprendemos”
Cando descubriu que tanto as cousas moi pequenas como as moi grandes poden ser explicadas usando os mesmos principios, Víctor decidiu licenciarse en Física e especializarse en Física Fundamental. Tamén realizou un posgrao de ensino de ciencias, polo que se dedicou a ensinar ciencias e matemáticas durante máis dunha década.
Nese mesmo período, estuda Enxeñería Informática impulsado pola curiosidade e os retos de programar e administrar sistemas. Co tempo volve á ciencia na que traballa uns anos en ciencias meteorolóxicas, facendo un novo posgrao en ciencias do clima. A día de hoxe traballa nun proxecto da facultade de Educación da Universidade de Santiago e fai un labor de titor na UNED.
Víctor afirma que a súa experiencia como profesor en distintos niveis educativos mostroulle que impartir coñecementos de ciencias non é o mesmo que aprender ciencias, e que aprender ciencias tampouco é o mesmo que gozar das ciencias. Con todo, todas elas son compatibles e que o reto como profesor é que os nenos e maiores aprendas ciencias para gozar delas.