“Cóntame un feito e aprendereino. Cóntame unha verdade e crereina. Pero cóntame unha historia e vivirá por sempre no meu corazón”

Profesional con máis de 20 anos de experiencia como docente, filólogo e xornalista. Destaca a súa labor primeiro como tradutor e despois como redactor e coordinador en Editorial Compostela, concretamente nos xornais “O Correo Galego” e “Galicia Hoxe”, entre os anos 1994 e 2011.

Paralelamente a esta actividade, traballou como profesor colaborador da Xunta de Galicia para impartir clases de lingua e cultura galega en numerosos centros galegos en Sudamérica e Centroeuropa. Actualmente é profesor de lingua e literatura castelá e galega no colexio La Salle de Santiago de Compostela.

Desde o ano 2013 é socio fundador e responsable de proxectos en Xurdir S.L., empresa do ámbito da comunicación e a formación, con sede en Santiago de Compostela. Ademais é editor na Editorial Anaya, onde realiza traballos de edición de libros de texto e de novos proxectos educativos. Como calidades principais, destaca a paixón que transmite en todo o que fai, a súa capacidade de coordinación e organización de equipos de traballo e o seu empatía cos alumnos.