“Que unha materia sexa aburrida ou divertida só depende da paixón coa que se transmita e da metodoloxía utilizada“
Licenciado en Matemáticas pola Universidade de Santiago de Compostela (1992), Miguel Ángel Vidal desenvolveu a súa carreira como profesor de Matemáticas en Secundaria durante máis de 20 anos. Durante este tempo destacou por utilizar unha metodoloxía diferente na transmisión do coñecemento, apostando por facer amables as matemáticas e pola aprendizaxe por proxectos.
Algunhas das súas charlas foron moi recoñecidas, como as que realizou na TEDxGalicia de 2011, na VI Trobada de Presentació d’Experiències d’Aplicació de Pedagoxía Sistèmica a lles diferents etapes i contexts educatius (UAB), en 2013 e nas II xornadas de Divulgación Innovadora en Zaragoza (outubro 2014).
Tamén escribiu un dos libros referencia no panorama educativo nacional: “Dobrando as Mates. Proxecto con papiroflexia de toda unha tribo”, no que, mediante a papiroflexia, explica coñecementos matemáticos. Esta paixón pola papiroflexia xunto á súa labor filantrópica, levoulle a Organizar o I Festival de Origami en Redondela, onde se recadaron fondos para UNICEF.
Ultimamente colabora na revista dixital “O recuncho do xadrecista” en diferentes artigos, coa axuda inestimable de D. Joaquín Fernández Amigo, ademais de elaborar material educativo para traballar diferentes competencias (matemática e lingüística, principalmente) con metodoloxías ajedrecísticas e de realizar o currículo oficial da materia de libre configuración de xadrez para a ESO para Galicia.