“Admiro a comunidade que traballa e cede o seu traballo polo ben común”
Jose Rodriguez estudou enxeñería Electrónica Industrial e Automática na escola de Enxeñería Industrial da Universidade de Vigo, onde tamén adquiriu un alto coñecemento en programación e software libre usando sistemas como Xava, Android e Embedded Linux.
No seu período na empresa Técnica de Soft adquiriu uns coñecementos avanzados máis aplicados á automatización e instalacións industriais. Despois colabora dunha maneira activa en varios proxectos de emprendedores relacionados coa impresión en 3D, o deseño e o desenvolvemento electrónico e as automatizacións industriais.
Desde o ano 2010 é parte fundamental da asociación Inestable, que ten como obxectivo a difusión do software e a cultura libre.
O seu interese nas novas tecnoloxías, a aplicación da electrónica á educación en proxectos de DiY (faino ti mesmo), unido ao seu enfoque eminentemente práctico da aprendizaxe fan do seu traballo en VermisLAB unha vocación.