“Sempre con ganas de atoparme con persoas e proxectos interesantes e tecer redes comúns nas que en cada fío depositemos o noso anaquiño de experiencia do coñecido e a ilusión polo que non o é”

Hilda é Enxeñeira Técnica en Deseño Industrial pola Universidade da Coruña no ano 2006 e arquitecta pola universidade Politécnica de Catalunya no 2014. Traballou en despachos de deseño industrial ao redor de toda España, nos cales abordou traballos de deseño gráfico, de produto ou exposicións, entre eles a exposición dos premios Delta 2007, organizada por ADI-FAD.

No campo da arquitectura, desenvolveu a súa carreira profesional como investigadora dentro da universidade Politécnica de Catalunya (Cátedra Unesco de Sostenibilitat), centrándose na arquitectura pasiva e o emprego de materiais de baixo impacto ambiental.

Máis adiante aplicou estes coñecementos ao mundo da cooperación internacional e á formación en bioconstrucción dentro da colectivo Base A. Tamén participou en proxectos de edificación e urbanización dentro do concello de Barcelona e arredores. Ademais é membro do International Observatory of Theatres at Risk, dentro da Escola de Arquitectura de Barcelona.

Actualmente é profesora de tecnoloxía da construción na Escola Técnica Superior de Arquitectura da UDC.