“Considérome curioso e analítico, trato de investigar e buscar solucións partindo dun caos imaxinativo, reflexiono sobre iso e logo volvo empezar”

Enrique Saavedra é graduado en Deseño de Produto pola Universidade da Coruña na Escola Universitaria de Deseño Industrial (EUDI) no ano 2005.

Mesmo antes de completar os seus estudos como Enxeñeiro, traballou en The Other Stone Studios, realizando traballos a metade de camiño entre a industria e a arte. En 2006 comezou como emprendedor un proxecto no campo do deseño industrial coa compañía Equona Design, onde desenvolveu produtos realizados en rotomoldeo como a barreira Kompact Wall.

En novembro do 2007 comeza a traballar para o grupo Amil Lago como deseñador industrial encargado de proxectos comerciais internacionais. Neste período traballa para marcas como o grupo Inditex, Massimo Dutti, Women’ Secret, Movistar ou Cortefiel.

En outubro de 2012 decide abordar novos proxectos e empeza unha nova aventura como freelance en Londres traballando para marcas como Dixons, Shell, Sainsbury’s ou Tesco no desenvolvemento de produtos.

En 2011 xunto a Marcos Saavedra, realiza o proxecto Vermis, finalista do Fujitsu Design Award 2011 e que sería o inicio da fundación do estudo Vermis Project en setembro de 2013, do cal é director dá delegación inglesa. Desde Vermis Project levan a cabo proxectos moi diversos onde o factor común é o alto grao de innovación e de creatividade.

Algúns deles son Designthinking.gal, VermisLAB ou a organización da 1ª Maker Faire da Historia de Galicia.

No ano 2015, xunto a Marcos Saavedra, interveu como TEDx talker divulgando o Movemento Maker.