“Os/as antropólogos/as somos figuras fronterizas movéndonos entre realidades culturais e sociais distintas, co obxectivo de propor cambios sociais que axuden a mellorar o mundo no que vivimos.”
Mentalmente hiperactiva e curiosa, características que levaron a Cristina a viaxar por todo o mundo e a traballar con diferentes colectivos sociais tanto en España como en Nicaragua ou Perú, por exemplo.
Diplomada en Educación Social, dedicou os primeiros anos da súa carreira a traballar con nenos/as e adolescentes en diferentes ámbitos e, sobre todo, a realizar talleres de animación sociocultural con persoas da terceira idade. Máis tarde estudou Antropoloxía Social e Cultural, movida polas súas experiencias sociais e finalmente, decidiu complementalo con outra das súas paixóns, a tecnoloxía, especializándose así na investigación tecnolóxica.
En 2014 iniciou a súa andadura como Tecno-antropóloga, tratando de construír unha ponte entre as novas tecnoloxías e os usuarios ós que van dirixidos, intentando sempre humanizar a tecnoloxía na maior medida do posible. Esta visión tamén se ve reforzada por un ciclo superior de Desenvolvemento de Aplicaciçons Multiplataformas que estudou fai uns anos.
Actualmente colabora en Vermislab en diferentes obradoiros, aportando unha visión análitica sobre como os/as nenos/as e adolescentes interactúan coas tecnoloxías, constrúen significados sociais e se apropian delas nos seus usos cotiáns.