Decidinme a estudar bioloxía cando descubrín a xenialidade do método científico e como poder aplicalo ó estudo dos seres vivos. Observar a natureza, preguntarme o como e dudar do porqué, pensar en posibles solucións e realizar experimentos para chegar ó coñecemento pareceume un plan fantástico.

Durante estes anos realicei alguns cursos para profundizar máis, coma o de Grandes mamíferos africanos ou o de Especies emblemáticas do Mediterráneo, entre outros. Ademais colaborei en proxectos de xestión de parques naturais, como a xeolocalización de especies invasoras no Parque Natural de Corrubedo.

Paralelamente, durante varios anos, fun monitora voluntaria nunha organización de ocio infantil e xuvenil. Neste ambiente xove e divertido, onde aflora a curiosidade e a creatividade, puiden desfrutar realizando manualidades, inventando xogos, organizando espectáculos e facendo excursións.

Aquel voluntariado permitiume introducirme pouco a pouco no interesante mundo da educación máis alá del colexio. Cos nenos/as o meu momento favorito é ese preciso instante no que, despois de observar, pensar por si mesmos e con só un pouco de axuda, algo fai “clic” no seu cerebro, ves a súa cara de asombro e sabes que finalmente “o teñen”.

cati_equipo