“A creatividade está en non poñerlle barreiras ós pensamentos”
Carmela é Licenciada en Pedagoxía pola Universidade de Santiago de Compostela, ten un Máster en Orientación Educativa e experiencia no eido do tempo libre e a animación.
Gústame ir máis alá do visible, pensar, aprender, crear… e cos nenos/as atopei ese espazo de liberdade e autenticidade para deixar voar a miña imaxinación. A miúdo, a medida que crecemos, poñemos barreiras ao noso pensamento limitando a nosa creatividade. Pola contra, os nenos posúen unha marabillosa liberdade para expresarse e crear. Intentar que os/as nenos/as non perdan esa liberdade e que os adultos volvan a tela é unha labor apaixonante, divertida e de aprendizaxe constante.
Curiosa de nacemento, deixeime levar polo avance tecnolóxico e o abanico de posibilidades de aprender en torno a el. Entusiasta da programación e da impresión 3D, utilizo estas ferramentas cos nenos/as para desenvolver as súas competencias STEAM que lles serán útiles ao longo da súa vida.