Campamentos creativos



Campamento Viaxe no Tempo


Idade: + 6 anos

Duración: 5 días

Competencias clave: social e cidadá

Neste incrible campamento os nenos e nenas viaxan ao pasado e ao futuro para atopar as claves que salvarán ó noso planeta dun futuro devastador causado pola humanidade.

Teñen que previr ese desastre ecolóxico superando unha serie de probas coa axuda de grandes expertos/as que se van atopando e de tecnoloxías como a robótica, a programación ou a impresión 3D. A conciencia ambiental e a capacidade de resolución de problemas son os aspectos arredor dos que se desenvolve este campamento.


campamento-viaje-en-el-tiempo-vermislab

Campamento MiniMakers


Idade: + 4 anos

Duración: 5 días

Competencias clave: aprender a aprender

No campamento MiniMakers os nenos e nenas fan unha viaxe a través das emocións, as percepcións e a creatividade.

Recoñecen as distintas emocións a través de todos os sentidos, crean robots con material de refugallo, deseñan videoxogos con Scratch e obxectos en 3D con Tinkercad.

Unha viaxe incrible!




campamento_minimakers_vermislab