Talleres de Economía Circular



Taller de Sustentabilidade


Idade: + 6 anos

Duración: 2 – 4 horas

Competencias clave: social e cidadá

En VermisLAB, como bos makers, estamos moi comprometidos co medio ambiente, por iso contamos cunha ampla gama de talleres neste ámbito.

Desde usar as patacas como fonte de enerxía ou como materia prima para imprimir en 3D, ata a creación de xoguetes reutilizando motores cos que aprender sobre a transformación da enerxía.




Taller de Bioconstrución con Bambú


Idade: + 6 anos

Duración: 4 – 6 horas

Competencias clave: social e cidadá

No taller de Bioconstrución con Bambú participan nenos e nenas coas súas familias.

Mentres os adultos aprenden as características técnicas da planta, os pequenos e pequenas utilizan técnicas de creatividade para idear posibles deseños con este material. A partir de aquí as familias traballan xuntas e constrúen un prototipo funcional que levan para a casa.


bioconstruccion-bambu-vermislab


Taller de Bioconstrución con Mimbre


Idade: + 6 anos

Duración: 4 – 6 horas

Competencias clave: social e cidadá

Nos talleres de Bioconstrución con Vimbio mesturamos a ecoloxía coa arquitectura e coa artesanía para desenvolver un taller de co-creación único para todas as idades.

Ademais de coñecer os principios básicos da Bioconstrución, os/as participantes aprenden a desenvolver estruturas vexetais con vimbio vivo, primeiro en pequeno e logo incrementando a escala.

A través de técnicas tradicionais de cestería levan a cabo unha estrutura en común que permanece viva e medra co paso dos anos.





biocontstrucción-vimbio-vermislab