Arduino na Cámara de Comercio

By |2019-08-06T08:37:37+02:00Agosto 6th, 2019|

Ao longo desta formación, cunha duración de 50 horas, o alumnado introdúcese no mundo de Arduino aprendendo tanto dende o punto de vista do software coma do hardware. A formación comeza cunhas nocións de electrónica básica que permite ao alumnado levar a cabo circuítos con diferentes sensores e actuadores. A continuación [...]

Impresión 3D na Cámara de Comercio

By |2019-08-05T14:58:44+02:00Agosto 5th, 2019|

Ao longo desta formación, cunha duración de 45 horas, o alumnado introdúcese no mundo da impresión 3D aprendendo tanto dende o punto de vista do software coma do hardware. A formación comeza experimentando con programas de modelado 3D. Para iniciarnos utilizamos TinkerCad, un programa de deseño a través de volumes. [...]

Campamento MiniMakers

By |2019-06-14T18:08:34+02:00Maio 1st, 2019|

Durante cinco días os/as máis pequenos/as farán unha viaxe a través das emocións, as percepcións e o mundo da robótica. Comezaremos por coñecernos a nós mesmos/as recoñecendo as distintas emocións é relacionándoas con cada un dos nosos sentidos. A experiencia será fantástica! A continuación introducirémonos no mundo da robótica creando os nosos propios [...]

Campamento Inventores

By |2019-06-14T18:13:47+02:00Maio 1st, 2019|

Este ano lanzamos o noso primeiro campamento de Inventores/as, onde nenos e nenas pasarán unha semana elaborando diferentes proxectos que englobarán tanto a robótica como a impresión 3D, co obxectivo de dar solución a unha ou varias problemáticas, dependerá do que sexan capaces de facer ;D Aplicaremos o Design Thinking, unha metodoloxía centrada [...]

Cristina Nieto

By |2020-05-16T21:54:58+02:00Abril 24th, 2019|

"Os/as antropólogos/as somos figuras fronterizas movéndonos entre realidades culturais e sociais distintas, co obxectivo de propor cambios sociais que axuden a mellorar o mundo no que vivimos." Mentalmente hiperactiva e curiosa, características que levaron a Cristina a viaxar por todo o mundo e a traballar con diferentes colectivos sociais tanto en España como en Nicaragua [...]

Cati Gost

By |2020-05-16T21:50:05+02:00Abril 24th, 2019|

Decidinme a estudar bioloxía cando descubrín a xenialidade do método científico e como poder aplicalo ó estudo dos seres vivos. Observar a natureza, preguntarme o como e dudar do porqué, pensar en posibles solucións e realizar experimentos para chegar ó coñecemento pareceume un plan fantástico. Durante estes anos realicei alguns cursos para profundizar máis, [...]

Obradoiro de Gastrociencia

By |2019-06-17T10:12:12+02:00Abril 3rd, 2019|

Neste obradoiro as nenas e nenos aprenden a relación entre a ciencia e a gastronomía a través da realización de varias receitas. Facer pan e a nosa propia masa nai, cociñar biscoito de chocolate, elaborar receitas con xeo seco e mesmo facer cociña molecular a través de esferificacións de diferentes [...]

Ciencia con Scienceffect

By |2019-08-05T10:47:58+02:00Abril 3rd, 2019|

Dependemos da ciencia e da tecnoloxía, pero canto sabemos realmente destes temas?   A ciencia está en todo os que nos rodea, pero aínda nos queda moito por aprender dela. Este obradoiro ten como obxectivo amosarlle ao alumnado a súa importancia, pero dende un punto de vista moito máis práctico e divertido. [...]

Invernadoiro Intelixente

By |2019-08-05T11:26:43+02:00Marzo 27th, 2019|

O obxectivo deste obradoiro é a concienciación ambiental tanto de pequenos/as como de maiores. Aprendemos a construír un invernadoiro intelixente para o fogar e sementeiras con materiais reciclados. Utilizamos pezas deseñadas e impresas con impresora 3D, paus de madeira e compoñentes electrónicos que nos permitirán controlar a temperatura e humidade para [...]

Obradoiro de Música e Electrónica

By |2019-06-17T10:27:30+02:00Marzo 12th, 2019|

Neste obradoiro as nenas e nenos aprenden coa axuda do compositor musical Mateo Mena os principios básicos da música e a electrónica. Creando diferentes instrumentos musicais a través de materiais reciclados e incorporando compoñentes electrónicos aprenden dunha maneira divertida, libre e con moito ritmo :D

Go to Top