Incentivar a curiosidade dos teus fillos/as pola ciencia e a tecnoloxía é xenial. Xa falamos anteriormente de consellos para favorecer o contacto coa fauna e flora. Agora traemos unha selección de recomendacións sobre lugares e eventos galegos onde sementar o interese pola ciencia e a tecnoloxía. 

Eventos en Galicia

  • Mes da astronomía, na Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal do 04/10/19 ao 31/10/19. 

A Biblioteca colabora co Observatorio Astronómico Ramón María Aller da USC e acolle durante o mes de outubro un ciclo de actividades adicadas á astronomía, entre as cales se atopan talleres infantís de astronomía. Haberá dous talleres, o primeiro está dirixido a nenos e nenas de entre 11 e 14 anos e será o vindeiro 7 de outubro. Para os/as máis pequenos/as prepararon outro que terá lugar o 28 de outubro, ambos os dous talleres precisan inscrición previa. Para ver máis información fai click aquí.

  • OSHWDem, no Museo Domus (A Coruña) o 9 novembro de 2019

Trátase dun evento tecnolóxico aberto a todos os públicos, de entrada gratuíta e sen inscrición. Acolle cada ano ducias de persoas que presentan os seus proxectos libres, ademais de ofertar talleres e competicións de robots. Se precisas máis información podes consultar este enlace.

  • Día de la Ciencia en la calle, en A Coruña o 9 de maio de 2020

O Parque de Santa Margarita acollerá de novo a estudantes, profesorado e entidades colaboradoras que mostrarán experiencias e proxectos científicos. O obxectivo é que os/as visitantes aprendan xogando coa ciencia. Para saber máis sobre este evento podes facer click aquí

eventos ciencia para familias

Actividades permanentes en Galicia

Xa vos falamos anteriormente sobre actividades de ciencia e tecnoloxía en Santiago de Compostela cos principais eventos e museos. Sabemos que acudir a un evento nunha cita sinalada no calendario non sempre é sinxelo. Por iso incluímos recomendacións de lugares que están dispoñibles todo o ano

  • Museo da historia natural da SGHN, en Ferrol

Este museo atópase na Praza de Canido e conta coa maior colección de ósos de cetáceos de España, con exemplares expostos de ata 15 millóns de anos. Está aberto en inverno de luns a sábado de 9:30 a 13:30 h e de 16:30 a 20:30 h, os domingos e os festivos de 10:00 a 14:00 h. A entrada é de balde.

  • Naturnova, en Vigo

Para investigar sobre o Universo e o planeta Terra, recomendámosche este museo vigués que se atopa na rúa Velázquez Moreno, 20. O percorrido en Naturnova comeza co Universo e o Sistema Solar, para coñecer logo a Terra, os seus elementos e os seres vivos que a habitan. Podes visitalo de balde tódolos sábados pola tarde de 17:30-20:30, para obter máis información fai click aquí

  • MUNCYT, en A Coruña

O Museo Nacional de Ciencia e Tecnoloxía achega aos visitantes á ciencia dun xeito gratuíto. Nas súas instalacións podemos atopar un acelerador de partículas que data da década dos anos cincuenta, un xerador portátil de raios X de 1930 e unha cabina dun avión BOEING 747-256B dos anos oitenta. Este museo situado na Praza do Museo Nacional pecha os luns, recomendámosche que consultes o seu horario de inverno neste link.

eventos sobre tecnologia galicia

Estas son tan só algunhas ideas para levar a cabo en familia co obxectivo de pasar tempo de calidade xuntos/as mentres que aprendemos cousas novas. Isto favorece a unión familiar, xunto coa mellora da comunicación, polo que vos recomendamos empregar algún fin de semana realizando actividades como as destacadas neste post.