Ao longo dos anos os pais e nais veñen facéndose sempre as mesmas preguntas, estaremos facendo as cousas ben? En que nos equivocariamos? Con que acertamos? Que clase de pai ou nai son? Sen dúbida, que difícil é o traballo de pai ou nai!

É innegable que as persoas nacemos cun temperamento e, partindo deste e influenciadas pola nosa educación, imos construíndo o noso carácter. O conxunto do temperamento e o carácter forman a nosa personalidade, pero neste post non imos a entrar en detalle sobre este tema. O que hoxe nos interesa non é tanto a parte psicolóxica senón pedagóxica que hai detrás de cada un de nós.

Estilos educativos

Antes de falar en detalle de cada un dos estilos educativos definidos por Diana Blumberg Baumrind, psicóloga clínica e do desenvolvemento, e de que consecuencias poden ter nos nenos e nenas, é interesante concretar que é o estilo educativo. Podemos definilo como o conxunto de destrezas, valores, ideas, hábitos, etc. nos que se basean as interaccións dos pais e nais cos seus fillos e/ou fillas, os cales teñen consecuencias no seu desenvolvemento.

Comezaremos falando do estilo educativo autoritario, que como ben indica o seu nome fai referencia a un estilo cun elevado nivel de esixencia e presións, onde o/a neno/a simplemente se limita ao cumprimento de normas non dialogadas e onde o castigo é bastante habitual. Neste caso o afecto e a comunicación co/a neno/a é bastante escaso.

estilo educativo autoritario

Como consecuencia deste estilo educativo atopámonos con nenos e nenas cunha baixa autoestima, tímidos/as, sumisos/as, inseguros/as e con pouca capacidade de toma de decisións.

Pasemos agora a falar do outro extremo en canto a estilos educativos nos referimos, o permisivo. Neste caso existe unha clara ausencia de esixencias e control e o poder está nas mans dos nenos/as, aos que non se lles esixen responsabilidades nin se lles aplican castigos. Neste caso existe moito afecto entre pais/nais e fillos/as, chegando ao punto de non poñerlle límites.

É habitual que os/as nenos/as educados baixo este estilo educativo sexan egocéntricos, antepoñan sempre os seus desexos, incumpran as normas e non teñan a capacidade para enfrontarse aos problemas.

Por último, nos atopamos co estilo educativo democrático, ao que poderiamos definir como unha mistura coherente dos dous anteriores. Neste caso existe un equilibrio entre o afecto e as normas e límites, as cales son moi claras e están dialogadas entre pais/nais e fillos/as. Neste estilo educativo a comunicación é moi importante, se ten moi en conta o nivel madurativo do/a neno/a e aplican habitualmente reforzo positivo.

Os/as nenos/as educados baixo un estilo educativo democrático teñen unha gran autoestima e confianza en si mesmos/as, son responsables, persistentes, sociables e comprenden as normas sociais.

estilo educativo democratico

Tips para levar a cabo un estilo educativo democrático

Se che interesa aplicar un estilo educativo democrático na crianza dos teus fillos/as, deixámoste uns tips que che poden resultar moi útiles:

    • Aplicar un sistema de fichas para premiar os bos comportamentos do teu fillo ou filla. Ademais de ser unha forma de pasar tempo xuntos/as facendo manualidades, coa súa aplicación ensinámoslle aos máis pequenos/as que toda acción conleva unha reacción e que dependerá deles/as que sexa positiva ou negativa.
    • Dialogar moito cos fillos/as. É importante manter unha comunicación constante cos nosos pequenos/as, saber como están, como lles afectan as cousas, que inquedanzas, gustos ou medos teñen, etc. Tamén á hora de poñer normas é importante dialogar, teñen que entender o porqué da norma xa que será a única forma de interiorizala.
    • Non debemos utilizar nin etiquetas nin comparar aos nosos/as fillos/as. Es malo/a, es un desastre, ao teu irmán non lle temos que dicir que estudie… son expresións que debemos evitar xa que os/as nenos/as o acaban interiorizando e xa pensan que é algo que non poden cambiar.
    • Darlles responsabilidades, só deste xeito aprenderán a selo. Cometerán erros, se equivocarán, pero debemos ensinarlles que nós tamén, que ninguén é perfecto e que dos erros aprendemos.
    • Afecto. É moi importante que os nenos/as se sintan queridos/as, iso lles dará confianza consigo mesmos/as, pero tamén cos demais. Crea un clima que lle permita expresarse contigo, isto facilitará moito a comunicación 😀

Aínda así, non debemos caer no erro de esquecer que estamos a falar de teorías e que non existen verdades absolutas, non todo é branco ou negro, e moito menos cando falamos de educación. Pero o que si vos podo asegurar é que unha educación baseada no afecto, a comunicación e a confianza pode “funcionar”. Estades de acordo? 😀