Escola de Familias

A “Escola de Familias” ofrece apoio psicoeducativo para nais e pais a través de obradoiros especializados en diversas temáticas relevantes para a crianza e o desenvolvemento dos nenos e adolescentes.

Para iso contamos coa colaboración de Mónica Caínzos, graduada en psicoloxía e especializada en psicoloxía educativa e orientación escolar. Mónica ten unha sólida traxectoria en departamentos de orientación en Santiago de Compostela e Madrid, ademais de dedicarse a terapias con poboación infanto-xuvenil en Aspanaes, especializada en autismo. Actualmente, en UNIDADE FOCUS, realiza valoracións psicolóxicas e trata diversos trastornos do neurodesenvolvemento. O seu compromiso coa educación e o benestar de nenos e adolescentes reflíctese na súa participación como voluntaria en aulas hospitalarias e como relatora en congresos sobre a saúde infanto-xuvenil

O formato inicial da escola de familias, será de sesións grupais mensuais terán unha duración de 2 horas, celebrándose os sábados de 10:00 a 12:00, proporcionando un espazo de aprendizaxe e intercambio de experiencias entre as familias. As sesión serán programadas e desenvoltas por personal especializado en psicoloxía educativa e acompañamento do equipo de vermislab.

As actividades iniciais serán establecidas e o resto irán implementando segundo as necesidades e interese dos participantes e solicitudes.

A escola de familia terá un coste por sesión 29 euros por sesión para socios anuales y 39 euros por sesión para no socios. As prazas serán limitadas e terán prioridade os socios e clientes de Vermislab. Poden asistir os dous pais.

Levarase a cabo unha sesión ao mes das temáticas propostas que serán anunciadas con anterioridade e elexidas segundo o interese dos participantes.

Formato das Sesións:

  • Presentación Inicial (30 minutos): Introdución ao tema do día, con explicación teórica e exemplos prácticos.
  • Posta en Común (30 minutos): Os participantes comparten experiencias e prácticas relacionadas co tema.
  • Debate en Grupo (40 minutos): Discusión aberta sobre o tema, abordando diferentes puntos de vista e solucións.
  • Conclusións e Peche (20 minutos): Resumo dos puntos principais, aprendizaxes extraídas e planificación de accións futuras.
Quero inscribirme

PROGRAMA

Primeiro ano. As temáticas poderán cambiar de orde dependendo do interese das familias.

  • Técnicas de comunicación asertiva:
    • Como falar sobre ou uso responsable da internet e as redes sociais.
    • Estratexias para abordar temas difíciles como as condutas de risco e a adicción.
  • Posta en común de experiencias familiares:
    • Compartir experiencias sobre o manexo do uso da internet en adolescentes.
    • Estratexias para fomentar un uso saudable e seguro da tecnoloxía.
  • Debate sobre a importancia da comunicación:
    • A comunicación aberta e honesta como prevención de condutas de risco.
    • Como guiar aos adolescentes no uso responsable da internet e as redes sociais.
  • Estratexias para apoiar o estudo e a motivación escolar
  • Posta en común de técnicas de estudo efectivas
  • Conclusións sobre o papel dos pais na educación escolar
  • Técnicas de comunicación asertiva:
    • Como comunicar expectativas e normas de maneira efectiva.
    • Estratexias para o reforzo positivo e a xestión de conflitos.
  • Posta en común de experiencias familiares:
    • Intercambio de prácticas exitosas na xestión emocional e a imposición de normas e límites.
    • Discusión sobre os diferentes estilos educativos e o seu impacto nos nenos.
  • Debate sobre a importancia da comunicación:
    • A comunicación como base dunha educación parental efectiva.
    • Como as técnicas de comunicación poden influír no comportamento e o benestar emocional dos nenos.
  • Identificación de sinais de adicción aos videoxogos
  • Estratexias para xestionar o tempo de videoxogos
  • Debate sobre os riscos e como fomentar un uso responsable
  • Regras e límites no uso das tecnoloxías
  • Intercambio de experiencias sobre o uso das redes sociais
  • Debate sobre os riscos e beneficios das tecnoloxías
  • Actividades para fomentar a autoestima
  • Posta en común de métodos efectivos
  • Conclusións sobre o impacto da autoestima no desenvolvemento
  • Técnicas de mediación e resolución de conflitos
  • Intercambio de experiencias sobre conflitos familiares
  • Debate sobre a importancia da resolución pacífica
  • Técnicas de comunicación asertiva:
    • Adaptación das técnicas de comunicación ás necesidades de nenos e adolescentes con TEA.
    • Uso de ferramentas visuais e outros apoios para facilitar a comprensión.
  • Posta en común de experiencias familiares:
    • Compartir experiencias sobre a convivencia e a educación de fillos con TEA.
    • Estratexias prácticas para mellorar a comunicación e o comportamento.
  • Debate sobre a importancia da comunicación:
    • O papel crucial da comunicación no desenvolvemento social e emocional dos nenos con TEA.
    • Como mellorar a interacción diaria e fortalecer os lazos familiares.
  • Estratexias para organizar o tempo familiar
  • Intercambio de rutinas efectivas
  • Conclusións sobre como equilibrar o tempo persoal e familiar
  • Técnicas de comunicación asertiva:
    • Estratexias para mellorar a comunicación con nenos e adolescentes con TDAH.
    • Como manter a calma e ser claro e conciso nas instrucións e expectativas.
  • Posta en común de experiencias familiares:
    • Espazo para compartir vivencias e estratexias que funcionaron en casa.
    • Discusión sobre os desafíos comúns e como superalos.
  • Debate sobre a importancia da comunicación:
    • A comunicación como ferramenta clave para o manexo do TDAH.
    • A importancia da empatía e a comprensión na relación familiar.

a


Segundo ano. As temáticas poderán cambiar de orde dependendo do interese das familias.

  • Fomento da autonomía nos adolescentes
  • Posta en común de estratexias para a independencia
  • Conclusións sobre a transición á vida adulta
  • Principios da disciplina positiva
  • Intercambio de prácticas educativas en valores
  • Debate sobre os beneficios da disciplina positiva
  • Etapas do desenvolvemento emocional
  • Posta en común de retos emocionais
  • Conclusións sobre o apoio emocional axeitado
  • Identificación de signos de estrés e ansiedade
  • Técnicas de relaxación e mindfulness
  • Debate sobre as causas comúns de estrés
  • Estratexias para incentivar a lectura
  • Posta en común de experiencias culturais
  • Conclusións sobre a importancia da cultura no desenvolvemento

SERVICIOS FUTUROS

A Escola de Familia prende en futuros anos ofertar unha variedade de servizos adicionais, adaptados ás necesidades específicas das familias participantes. Entre estes servizos destacarán os grupos de apoio, que incluirán espazos para pais de nenos con necesidades especiais, reunións periódicas de apoio xeral e sesións específicas para pais de adolescentes. Tamén se desenvolverá un centro de recursos con unha biblioteca de crianza, recursos dixitais e guías e manuais sobre temas de interese para pais e nais.

Un dos compoñentes máis importantes será o seguimento individualizado. As sesións con psicólogos/as ofrecerán consultas personalizadas, planificación familiar e seguimento e avaliación do progreso. Estas sesións estarán acompañadas dun seguimento continuo nas clases de Vermislab, asegurando unha abordaxe integrada e coherente que facilite o progreso e o desenvolvemento das habilidades e o benestar familiar. Este enfoque permitirá un acompañamento máis profundo e efectivo, axudando ás familias a alcanzar os seus obxectivos de maneira máis eficiente e sostible.

Sesións de Orientación Individual: 

  • Consultas Personalizadas: Reunións individuais con conselleiros ou psicólogos para discutir problemas específicos e recibir orientación personalizada.
  • Planificación Familiar: Axuda aos pais para desenvolver plans personalizados que aborden as necesidades específicas dos seus fillos e da súa familia en xeral.
  • Seguimento e Avaliación: Sesións de seguimento para avaliar o progreso e axustar as estratexias segundo sexa necesario.

Grupos de Apoio:

  • Grupos para Pais de Nenos con Necesidades Especiais: Espazos onde os pais de nenos con discapacidades ou dificultades de aprendizaxe poden compartir experiencias, obter consellos e apoio emocional.
  • Grupos de Apoio Xeral: Reunións periódicas onde os pais poden falar dos desafíos e logros da crianza, e recibir apoio doutras familias en situacións similares.
  • Grupos de Pais de Adolescentes: Sesións específicas para pais de adolescentes onde se abordan temas como a independencia, a rebeldía e a preparación para a vida adulta.

Centro de Recursos:

  • Biblioteca de Crianza: Unha colección de libros, revistas e artigos sobre temas de crianza, educación, e desenvolvemento infantil dispoñibles para préstamo.
  • Recursos Dixitais: Acceso a unha plataforma en liña con artigos, vídeos, e seminarios web sobre diversos temas de interese para pais.
  • Guías e Manuais: Distribución de materiais impresos e dixitais que proporcionan consellos prácticos e información sobre crianza efectiva, saúde infantil, e educación.

Programas de Capacitación: (futuro)

  • Formación en Habilidades Parentais: Programas de varios días ou semanas que ofrecen formación intensiva en habilidades específicas de crianza.
  • Certificacións: Cursos que proporcionan certificacións en áreas como primeiros auxilios, RCP (reanimación cardiopulmonar), e xestión de crises familiares.
  • Formación Continua: Oportunidades para que os pais se manteñan actualizados sobre novas investigacións e técnicas de crianza a través de formacións regulares.

Actividades Familiares: (recuperar talleres familiares)

  • Eventos de Integración Familiar: Organización de actividades recreativas e educativas onde pais e fillos poden participar xuntos, fortalecendo os lazos familiares.
  • Festas e Celebracións: Celebración de eventos especiais como o Día da Familia, festas de Nadal, e outras celebracións culturais e comunitarias.
  • Proxectos Comunitarios: Fomentar a participación das familias en proxectos comunitarios que promovan a solidariedade e a cooperación.

Este enfoque ampliado aseguraría que os pais teñan acceso a unha ampla gama de recursos e apoio, capacitandoos para criar aos seus fillos de maneira efectiva e positiva, mentres fortalecen as súas propias habilidades e redes de apoio.

Quero inscribirme