O caixón onde se esconden os calcetíns

Os nenos e as nenas son como calcetíns no caixón da vida: veñen en diferentes cores, tamaños e estampados. Do mesmo xeito que os calcetíns, algúns poden ser máis rechamantes, outros máis discretos, pero todos cumpren a mesma función esencial de manternos calentiños, protexidos das feridas e acompañarnos no noso camiño. Aínda que cada neno/a sexa único/e especial, ao final, todos/as comparten o mesmo vínculo da infancia, todos/as son nenos/as con necesidades especiais e necesidades únicas polas súas características persoais e as súas contornas. Nun conxunto harmonioso que tece a tea da diversidade con fíos de risas, inocencia e curiosidade. Metaforicamente falando, se mesturamos os calcetíns, poderiamos imaxinar que estamos a crear unha vibrante colaxe de individualidades. Do mesmo xeito que os nenos, cada par de calcetíns ten a súa propia historia, a súa propia cor e estilo. Ao mesturalos, créase unha expresión única que resalta a diversidade e a riqueza das experiencias compartidas. En lugar de perder a identidade, os calcetíns entrelázanse de maneira inesperada, formando un conxunto que reflicte a beleza da colaboración e a convivencia, celebrando a singularidade de cada elemento na mestura.

Por iso, descubrín por qué os calcetíns queren separarse da súa parella idéntica, os calcetíns, como pequenos exploradores no caixón da vida, teñen unha inclinación aventureira por perderse na coada, coma se fosen buscadores de mundos descoñecidos entre as pezas, convértense en exploradores e gústalles estar con outros calcetíns diferentes dos que poden aprender, gozar e mesturarse con eles. Co que tamén é un erro querer que todos/as fagan o mesmo e se comporten igual.

Paz y una urna con calcetines

Os/as educadores/as, mestres/as, profesores/as non nos damos de conta e queremos ter calcetíns iguais, con comportamentos e respostas iguais, onde no fondo sentímonos cómodos con este sistema e citando unha frase «Se xulgas a un peixe pola súa habilidade para subir ás árbores, pensará toda a vida que é un inútil».
Para min, esta frase resume o problema que temos á hora de educar e dar clase, que se non nos damos conta disto, non van funcionar as cousas. É difícil cambiar os hábitos e recoñezo que temos moitas cousas en contra, pero non podemos escudarnos en non facer nada porque todo está mal. Hai que cambiar aínda que sexa aos poucos, pautas na educación, buscando esa educación inclusiva da que tanto falamos, pero que só serán palabras nun folio que non valen de nada. Os cambios teñen que vir do/a adulto/a que pode facelo, a pouco que cambiemos algúns hábitos e collamos eses calcetíns desiguais e poñámonolos nos pés veremos que son calcetíns cás mesmas valías pero con debuxos e formas diferentes. Debo de ser eu quen se adapte a levalos así , observaremos que o método funciona e que co tempo faranse nenos/as máis seguros que atoparán o seu camiño cás súas necesidades atendidas e veremos os resultados con gran orgullo.

Hai que pelexar por conseguir máis medios, máis axuda , máis formación ou o que necesitemos e así traballar con gusto e desexo. Temos que conseguir esa motivación ca que sempre se empeza e non perdernos no camiño da burocracia e os días grises. Temos que buscar os calcetíns de cor e mantelos con esas cores vivas e alegres para conseguir adultos xeniais.

“A diversidade dos/as nenos/as, comparada metaforicamente con calcetíns únicos, entrelázase nunha colaxe harmoniosa, celebrando a individualidade mentres tece a riqueza de experiencias compartidas, e como pequenos exploradores, os calcetíns ‘gozan’ da súa travesía entre a coada, formando parte dese caixón onde se esconden os calcetíns”.

Paz dando una charla