De todas as cousas negativas que existen no noso mundo, a peor delas é ver a televisión. Un mando a distancia, unha sobremesa longa e, como todos os días, as esperadas noticias. Que faríamos sen elas! Unha mágoa que so se escoiten noticias negativas, tristes e desesperantes nos nosos días. Corrupción, guerra, asasinatos, roubos e a crise migratoria. Miles de humanos que abandonan os seus fogares motivados polo horror de guerras, epidemias, fame e desolación.ser humano guerras

Fonte: Un siglo en guerra

Son biólogo. Desde o meu punto de vista, a migración é un suceso perfectamente entendible e racional, xa que a vida sempre busca o camiño da supervivencia, desde as chamativas cores da avespa, avisando da súa toxicidade, pasando pola urina da mofeta e as garras do león, capaces de desgarrar a unha persoa en poucos segundos. Cada día loitamos contra un mundo hostil que nos pon probas para as que, de seguro, non estamos capacitados.

O drama da inmigración salda vidas todos os días, sendo portada de noticieiros e xornais. Por desgraza, a maior parte das veces, eses superviventes non son ben aceptados nos nosos países occidentais, sendo excluídos, humillados e expulsados.

Ante esta reflexión atopábame eu, vendo ao sempre eterno Matías Prats falando deste asunto, cando pesei: “que ironía! É incrible o rápido que olvidamos as nosas orixes os humanos”. Por iso quero lanzarte a ti, lector, esta sinxela pregunta: de onde es? De onde son os teus pais? E os pais dos teus pais? Se te atreves con estas sinxelas preguntas, segue a cuestionarte o mesmo ata que non atopes a resposta. Non sabes de onde proceden os teus tataravós? Non te preocupes, é algo natural. Neste artigo imos descubrir de onde veñen os primeiros pais da humanidade.

arbol familiar

Fonte: Template.net

Valiosa ferramenta a xenética, xa que con ela se pechan moitas bocas ignorantes. Antes de que a xenética revolucionase as nosas vidas, o home branco críase o cumio da creación, a perfección feita home. Un dos grandes argumentos da escravitude do home negro foi a suposta “inferioridade como raza”, baseada en que o home branco apareceu na Terra moito antes que os habitantes de África, Asia e a América precolombina. Te sorprendería saber que o home negro foi o primeiro ser humano que pisou a Terra? Así é, nin os europeos, nin os americanos, nin os asiáticos; os primeiros seres humanos tiñan unha fermosa pigmentación escura na súa pel, migrando desde o corazón de África ata Europa, China, Australia e América.

historia evolutiva

Fonte: Mi historia universal

A historia evolutiva da nosa raza comeza coa caída dun famoso asteroide. Fai 65 millóns de anos os reis da Terra, os dinosaurios, extinguíronse do globo e deron paso ós mamíferos, unhas estranas criaturas moi semellantes ás ratas que se esconden en improvisados buratos baixo o chan. Fai 63 millóns de anos, este grupo sae das sombras do tempo e conquista o planeta. Desde a cobaia que tes na casa, pasando pola xigantesca balea e o poderoso gorila, os mamíferos se diversifican e toman o poder. É neste contexto onde ocorre a historia máis bela da nosa familia.

No corazón de África, onde se perdeu o doctor Livingston, habitaba hai 4 millóns de anos un simio singular en toda a súa familia, o australopithecus. A súa vida era feliz e tranquila, alimentándose de manxares que crecían nas frondosas selvas do Sahara oriental, pero a súa paz foi efímera, pois varios sucesos xeolóxicos de magnitudes colosais arruinarían este soño de vida, empurrando ós nosos antepasados a tomar unha decisión sen precedentes. Por todo estudante de xeoloxía e xeografía é coñecido o asombroso Val do Rift:

Maker Faire Galicia 2017 ancestros

Fonte: Aterrageo

Esta cadea montañosa elévase e anchea cada ano, empurrada polo movemento lento pero inexorable das placas tectónicas na súa deriva constante. A elevación destes altos cumes impide, actualmente, a chegada das chuvias ó interior do continente africano, empurradas polos ventos que sopran desde o Índico. Sen chuvia non hai selva, sen selva non hai alimento, sen alimento non hai vida. E aquí a razón da aridez do Sahara. Pois ben, o noso tataravó agoniza deitado na súa rama, de sede e fame, cando na súa mente xurdiu unha idea: migración. É a loita pola supervivencia, loita ou morre, polo que o noso pequeno australopithecus decidiu vivir e, grazas á súa valentía, estamos aquí hoxe. Posteriormente a súa decisión sería imitada por outros homínidos, parentes seus, camiñando cara o seu destino: a conquista do mundo.

homo habilis

O homo habilis, un manitas dos tempos primixenios, chegou un bo día ó que hoxe é Oriente Medio, a terra dos ríos. Desde aquí plantexou a súa cruzada; foron os territorios, que hoxe devasta a guerra, o noso porto de saída cara Asia e Europa. O home moderno, descendente deste habilidoso homínido, o homo sapiens, toma o relevo ó seu predecesor e chega a España e Francia, recorre o camiño cara o Este e funda China, Rusia e a India. Non está cansado da viaxe, ten todo o tempo do mundo e, aproveitando o frío inverno, cruza o estreito de Bering, no norte de Asia e coloniza América. Xa está feito, temos o dominio total do mundo.

cambios planeta

Fonte: Wikipedia

Todo este proceso foi iniciado por un valente tataravó africano noso, con ganas de vivir e determinación para facelo. É esta fortaleza a que nos permite ir a clase, traballar, a divertirnos un xoves pola noite ou realizar fazañas sen igual. Grazas avó africano!

Polo tanto, a próxima vez que che pregunten de onde es, simplemente tes que responder: “agora vivo aquí, pero a miña familia é de África, todos venimos de alí”. Non esquezamos que as nosas orixes foron as máis humildes posibles, saímos do corazón do “terceiro mundo”, espidos, case sen poder falar, loitando por sobrevivir da abrasadora calor e das penurias da selección natural.

 

Autor: Valentín Estévez Souto