A tecnoloxía permítenos comunicarnos cos demais e acceder a unha cantidade inmensa de información. Consideramos que non hai unha idade ideal para introducir a tecnoloxía nos/as nenos/as, dependerá da súa madurez, a súa contorna e as súas circunstancias. Es a persoa que mellor coñece ó/á teu/túa fillo/a, na túa man está introducir a tecnoloxía cando sintas que está preparado/a, pero non deixes escapar esta oportunidade, xa que é importante que aprendan a relacionarse no contexto tecnolóxico actual. Neste artigo traemos unha serie de recomendacións para iniciar aos/as máis pequenos/as no uso da internet e os dispositivos tecnolóxicos de forma segura.

  • Mellor só/a ou acompañado/a? É recomendable que nestes primeiros pasos no mundo tecnolóxico sempre acompañes e guíes ó/á teu/túa fillo/a. Aconsellámoste establecer tempos breves nos que usar a tecnoloxía e revisar previamente o contido que visualizará. Aos poucos irá sendo autónomo/a e, para garantir que use a tecnoloxía dun modo seguro, podes empregar as ferramentas de control parental que ofrecen Youtube KidsGoogle Play ou Apple. Ademais de ir adaptando o horario de uso en función da súa idade e as súas características, pois o/a axudará a crear unha relación saudable coas novas tecnoloxías.
  • Para que usar un dispositivo tecnolóxico? Para todo o que vos poidades imaxinar, xa que a tecnoloxía é un medio, non un fin en si mesma. Por iso, é unha boa idea empregar os dispositivos electrónicos para realizar actividades dun modo máis agradable e motivador. Internet dános acceso a recursos para ver os contidos doutro xeito. Podedes crear figuras xeométricas en tan só un click con Geogebra, visualizar películas ou series educativas nas diferentes plataformas de streaming ou crear música en Incredibox.

 

nuevas tecnologias menores tablet

 

  • Para que usar Internet? Do mesmo xeito que no caso anterior, Internet é unha ferramenta que nos permite acceder ao mundo, buscar recursos, visualizar contidos de todo tipo. É unha boa idea empregar os gustos e as preferencias do/a teu/túa fillo/a e canalizalas para, a través delas, aprender a navegar. Buscar en Google Earth lugares que lle atraian, visitar de modo virtual museos e exposicións, ou escoitar música son tan só algunhas ideas.
  • Redes sociais: si ou non? As redes sociais permiten a comunicación inmediata e deslocalizada, pero é necesario ter en conta que cada rede establece unha idade mínima para crear un perfil nos seus termos e condicións. Se queres achegalo/a a estas novas ferramentas de comunicación, podes ir aos poucos mostrándolle como utilizas ti as túas propias redes sociais. Co teu exemplo, verá como se comparten ideas e recursos dun modo seguro e responsable. Se xa cumpriu a idade necesaria para crear un perfil, e ambos decidides facelo, recomendámoste que lle axudes a ser prudente co contido e supervises de cando en vez o seu uso acompañándoo/a nalgunhas publicacións ou interaccións, que sinta que sempre pode contar o teu apoio se non sabe xestionar unha situación en redes sociais.

 

nuevas tecnologias menores ordenador

O enfoque que elixas co/a teu/túa fillo/a depende de ti e del/ela, pero é importante traballar a competencia dixital tamén en casa. Aos poucos, coa túa axuda, adquirirá os coñecementos suficientes para comunicar, buscar e procesar información dun modo seguro.