“Aínda que soubese que mañá se acaba o mundo, hoxe mesmo plantaría unha árbore”.

Martín Luther King

Vivimos cada vez máis en ambientes urbanos, xa que en certa maneira permítenos ter acceso a cousas que doutro xeito pensamos que non podemos dispoñer, mellores colexios, acceso rápido á sanidade, traballo, etc. Pasamos moito tempo hiperconectados, nós e os/as nosos/as nenos/as. Non pretendo que isto sexa unha crítica nin moito menos, é o mundo que nos rodea, pero se non lle poñemos remedio caeremos no chamado déficit pola natureza. Este termo foi acuñado polo xornalista estadounidense Richard Louv, que fala dos problemas emocionais e mesmo físicos provocados por esa falta de contacto coa fauna e flora.

É importante que nos paremos a pensar de onde vimos, son millóns de anos de evolución onde o ser humano viviu e pelexou na natureza, formamos parte dela e realmente somos a súa esencia. Moitas veces os factores que nos rodean obrígannos a vivir lonxe dese contacto, pero… podemos poñerlle remedio? É importante que os/as nenos/as aprendan na natureza? Nós cremos que si e neste post explicámosvos algúns motivos:

incentivar curiosidad niños mar

A natureza é unha gran pantalla para os sentidos

Os/as nenos/as cando están no campo desenvolven todos os sentidos á vez, perciben cheiros, sons, tacto… isto fai que desenvolvan a curiosidade innata que teñen e as preguntas aparecen por si soas, ademais estas experiencias vanse gardado nos nosos recunchos secretos do cerebro e cando nos facemos adultos ocorre, por exemplo, que un simple cheiro a jara transpórtanos a nosa máis tenra infancia, revivindo a experiencia coma se estivésemos nese lugar. É unha forma de traballar o cerebro con miles de impulsos recibidos desde o exterior.

Podemos converter cousas abstractas en algo real que poden percibir

Podemos falar do sol, da cor das follas, de como son as pedras… Todo isto mentres as tocamos, vemos e acariñamos. A maneira de aprender é máis rápida e dinámica que véndoo nun libro, conseguindo ademais que todas estas experiencias se interioricen.

Inflúe tamén no desenvolvemento da psicomotricidade

Un/a neno/a libre nun campo desenvolve a psicomotricidade moito máis rápido que estando sentado na casa diante do televisor ou nalgún tipo de xoguete electrónico. A nivel saúde queiman calorías e é unha boa forma de previr a obesidade, evidentemente xunto cunha boa alimentación. Correr, saltar, subirse a un árbore… actividades moi influentes sobre todo na saúde física e mental dos/as nosos/as pequenos/as.

incentivar curiosidad niños atardecer

Afiánzanse as relacións entre familias e amigos/as

As saídas ó campo son un bo momento para ser un ser social. Observar a natureza e participar dela é unha actividade divertida, motivadora, educativa e de tempo de calidade. Está claro que non sempre podemos gozar da natureza, por estar lonxe dela ou por non dispoñer de tempo para iso, pero dareivos algunhas claves que funcionan moi ben para achegar ós/ás nenos/as á natureza cos recursos que temos.

Esta actividade é moi fácil de facer e calquera lugar da casa iluminado pódenos servir. Os materiais para utilizar poden ser desde unha caixa de madeira ata unha botella e nelas podemos poñer, por exemplo, sementes de tomates, sementes que imos recollendo dos alimentos que comamos e o/a neno/a ten que encargarse de regalo e coidalo. Cando as plantas crecen e dan os seus froitos a experiencia é realmente marabillosa.

  • Busca zonas verdes preto da túa casa

Normalmente estamos rodeados ou temos preto algunha zona verde, en ocasións temos que explorar un pouco pero valerá a pena atopar un espazo natural por pequeno que sexa. Cando o atopemos o primeiro será deixar que os/as nenos/as exploren e axudarlles a identificar árbores, follas, plantas, niños de paxaros…

incentivar curiosidad niños cultivos

  • Podemos sementar unha árbore

Esta actividade podemos realizala desde o principio, colleremos sementes da zona onde están as árbores, buscaremos que tipo de semente é, plantámola nunha maceta, botella ou calquera recipiente que teñamos, fomentando tamén a reciclaxe, a etiquetamos e esperamos a que xermine. Cando isto ocorra iremos á mesma zona onde a atopamos e podemos plantala, isto será unha forma de organizar pequenos paseos para ver como a nosa árbore vai crecendo.

  • Podemos observar a noite

Ensinarlles as estrelas e a lúa ós/ás nenos/as é algo que lles encanta, é unha experiencia fácil de realizar e ademais podemos buscar tutoriais sinxelos sobre o universo e mesmo construír pequenos instrumentos de observación, que ós/ás nosos/as nenos/as encantaralles. Pola noite tamén podemos ir a zonas de campo e aprender a escoitar a fauna da noite, é unha maneira de que perdan o medo á escuridade e os ruídos descoñecidos.

  • Ter unha mascota

Este tema é máis persoal e máis difícil de levar a cabo, pois é moi importante a responsabilidade que adquirimos. Temos que saber que as mascotas son seres vivos e a responsabilidade é moi grande.

É importante deixar que os/as nenos/as participen da natureza, que a entendan, que a gocen, que a respecten e que comprendan que formamos parte dela e que é o noso deber coidala. Para eles/as ten que ser como unha gran sala de xogos, onde melloran a súa saúde, a atención, o desenvolvemento cognitivo, a autonomía e moitas cousas máis que non debemos deixar que se perdan 😀